Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  Artículo Actual

A Asociación Cultural A Caniceira de Trives organiza o VIII “Entroido de verán”

Por   /  10/08/2016 

    Imprimir       Email
  • Entroido de verán en A Pobra de Trives
  • Desde mañá xoves (día 11) ata o domingo (día 14) terá lugar en Trives, o “Entroido de verán”, organizado pola Asociación Cultural A Caniceira de Trives

12622474_1706327896249695_8786927162254636242_o

 

Este ano o Entroido de verán é especial, non so por chegar á súa oitava edición, senón porque este ano A Caniceira está de décimo aniversario. Como no verán hai máis xente no pobo e o tempo acompaña xérase un moi bo ambiente para desfrutar desta festa.

Desta vez, quen se achegue a Trives durante esas datas poderá desfrutar de concertos (Triblues Band, Son do Sil, Paco Cossio, Los Iñigos…), a V Edición dos Cantos de Taberna (nos que participarán oito grupos), a feira de artesanía, desfile de folións e comparsas, etc.

A celebración deste Entroido de verán é posible grazas ao gran traballo que levan a cabo na asociación A Caniceira, que organiza diversas actividades durante todo o ano, e tamén grazas a que cada ano se implican e colaboran máis locais de hostelería, tendas e establecementos de Trives.

O Entroido de verán sempre é o segundo fin de semana de agosto, e cada ano participa máis xente.

Desde A Caniceira de Trives animan a todo o mundo a achegarse e desfrutar da festa, e amosan o seu agradecemento a tódalas persoas que dun ou doutro xeito colaboran para que este Entroido poida levarse a cabo, enchendo de vida e de ledicia o pobo.

Entroido de Veran

 

Resumo do programa de actividades:

Xoves, 11 de agosto de 2016:

– 22.00h. Actuación Ximnasio “A volta ao mundo en 80 días”.

– 23.30h. Concerto “Triblues Band”.

Venres, 12 de agosto de 2016:

– 20.30h. V edición dos Cantos de Taberna.

Sábado, 13 de agosto de 2016:

– 11.00h. Feira de Artesanía

– 12.00h. Billarda.

– 19.00h. Paco Cossío “Rabel”.

– 01.00h. Concerto “Los Íñigos”.

Domingo, 14 de agosto de 2016:

– 11.00h. Feira de Artesanía

– 13.30h. Sesión vermú coas “Macizas Centrais”.

– 19.30h. Desfile de folións e comparsas.

– 23.00. Concerto de “Son do Sil”. (Entrega de premios do concurso de disfraces. Sorteo da pita e o galo).

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →