Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  Artículo Actual

Aplazada. A Federación de mulleres de “Anaral” organiza unha andaina contra a violencia de xenéro

Por   /  23/11/2016 

    Imprimir       Email
  • Será o vindeiro sábado cun percorrido de 5 kilómetros e o prezo por persoa é de 5 euros
Unha das concentracións do 25 de novembro convocadas por Anaral

Unha das concentracións do 25 de novembro convocadas por Anaral

 

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, “Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres”, a Federación de Mulleres Anaral, que preside Milagros Calvo Carballo, xunto coas asociacións que a integran (“Anel”, de San Xoán de Río; “Arandeira”, de Pobra de Trives, e “Algueirada”, de Manzaneda) organizan unha andaina contra a violencia de xénero,  “Cada paso conta”,  en colaboración co Concello de San Xoán de Río.

Xunta Directiva da Federación Anaral

Xunta Directiva da Federación Anaral

 

A iniciativa se desenvolve con motivo da conmemoración do 25 de novembro, “Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres”. A andaina terá lugar o vindeiro sábado, 26 de novembro,  ás 10,00 horas da mañá pola Ruta da Fraga, con saida de Mouruas e chegada a Fondo de Vila.

A distancia é de 5 kilómetros e haberá avituallamento, agasallos e petiscos ao rematar.  O prezo por persoa é de 5 euros.

Andaina

Andaina

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

El estado de la estación de esquí vía webcam

Leer mas →