Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  Artículo Actual

As “Historias na pel” de RAIBA o sábado en Quiroga

Por   /  20/09/2016 

    Imprimir       Email
  • O sábado 24 ás 24.00 h na Cervecería Ruxe-Ruxe de Quiroga, concerto do grupo RAIBA .
  • O seu vocalista é o quirogués Xavier Castro, “Xavinho”, e o concerto forma parte da xira de presentación do seu terceiro traballo “Historias na pel”

 

13091996_851191775007285_1869019110344451966_n

 

Raiba naceu 2009 sendo hoxe unha das bandas máis representativas do novo metal galego con influencias do punk e o hardcore. Un dos directos máis enérxicos do rock galego con eventuais guiños electrónicos.

O seu vocalista é Xavinho, un quirogués que foi fundador de bandas como Acceso Denegado, Fai Tun Flai e Nao e o resto da banda son F. Bernardini (baterísta), Fran J. Castro (guitarrista) e Borja (baixista).
DISCOGRAFÍA:

“Por Vivir” (2011). Disco gravado e producido por Javier Abreu (Galiza) e masterizado polo afamado Mika Jussila (Finlandia). O grupo xirou con este album por todo o país dándose a coñecer con este LP de excelente calidade e gran acollida nos directos.

“Versos de Revolta” (2014), gravado e masterizado en Portugal polo produtor Pedro Mendes, a banda quixo amosar con este traballo LP que a sociedade actual segue a ter as mesmas preocupacións e inquedanzas de hai séculos; o cedé físico é unha peza artesá na que se viaxa no tempo a través da escolma poética de varios escritores, dende o Rexurdimento ata os autores contemporáneos como Xose Luis Méndez Ferrín, – quen mesmo recita na primeira pista do LP a modo de introdución. Amparados pola Historia e a Poesía, Raiba fixo unha ampla xira de salas no 2015 explicando esta mensaxe.

En febreiro do 2016 RAIBA comezou a gravar en estudos de POUSADA SON (Ames, Galiza) o seu terceiro traballo, un EP titulado “Historias na pel”. Sen perder o estilo punk e harcore terá novos guiños á música electrónica.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →