Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  Artículo Actual

Benestar estuda fórmulas de colaboración co concello de Vilariño de Conso para financiar o mantemento da futura residencia

Por   /  23/07/2015 

    Imprimir       Email

image_galleryA conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo onte en Santiago unha xuntanza co alcalde de Vilariño de Conso (Ourense), Ventura Sierra, na que abordaron o financiamento para manter a futura residencia que o Concello construirá na localidade. Mato comprometeuse a estudar fórmulas de colaboración coa Administración local para poder cooperar a través da Axencia de Servizos Sociais co mantemento anual do futuro servizo social para persoas maiores dependentes, que contará con ao redor de 75 prazas.

A titular de Benestar destacou a importancia de poñer a disposición das persoas maiores servizos de calidade e, deste xeito, indicou que a posta en marcha de prazas públicas para este colectivo é unha das prioridades da Xunta, lembrando que Galicia é a segunda autonomía de todo o Estado con maior porcentaxe de servizos profesionais.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →