Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  Artículo Actual

Celebración del Día Internacional do Libro en Quiroga

Por   /  22/04/2015 

    Imprimir       Email

quiroga_concello_150_90O Concello de Quiroga,  a través da Biblioteca Pública Municipal, para conmemorar o Día Internacional do Libro ten programado para o vindeiro sábado, día 25 ás 19:00h  na Casa da Cultura o espectáculo de teatro infantil  e música “Merenda con Pan de Millo” a cargo de Migallas Teatro. Esta actividade está incluída no Programa de animación lectora  “Ler Conta Moito”   desenvolvido pola  da Rede de Bibliotecas de Galicia .

Merenda con pan de millo” é un espectáculo de pequeno formato baseado no libro-disco “Pan de millo”, editado pola Editorial Kalandraka. Nel combínanse cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor.

Os  temas que se tratan, entre outros, son: a importancia da relación entre avós e netos; a transmisión da lingua,  os xogos, as cancións e a cultura tradicional; o coidado das mascotas;  coñecemento e respecto pola natureza; a alimentación saudable; a colaboración fronte á competición, etc.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →