Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  Artículo Actual

Coanhadeira, protagonista do concerto especial ‘Letras Galegas’ en Quiroga

Por   /  18/05/2016 

    Imprimir       Email
  • O día 21 de maio ás 22.30 horas o local Ruxe-Ruxe de Quiroga organiza un concerto especial “Letras Galegas” traendo a un dos mellores grupos de folque do momento, Coanhadeira
  • O conxunto ourensán que está de xira co seu último traballo: “Bicos con luvas”

COANHADEIRA

 

Coanhadeira_lixeiroCoanhadeira nace en Ourense no ano 2006 como unha banda de música folque entregada a amosar aqueles “restos” musicais conservados até os nosos días a través da tradición oral da cultura galega.

Grazas á beleza das melodías tradicionais e aos seus directos cargados de forza, esta banda acadou numerosos galardóns e camiñou sobre moitos dos principais escenarios folque do sur de Europa, como o Festival de Pardiñas (Galiza), A Carballeira de Zas (Galiza), o Escenario Runas do Festival Intercéltico de Ortigueira (Galiza), Sauga Folk (Colindres, Cantabria), Trobada de Buners (Andorra) ou o Festival Interceltique de L”Orient (Francia), entre outros.

No 2015 presentaron o seu último álbum: Bicos con luvas, co que pretenden realizar unha nova achega á música feita en Galicia, facer bailable calquera lugar e ateigar os escenarios dun poder percusivo, de letras sorprendentes e atmosferas sutís co selo de calidade propio de Coanhadeira. Desta volta, a banda non chega soa. Contou co apoio de ducias de mecenas que contribuíron nunha campaña de crowdfunding para acompañar o grupo nesta nova aposta discográfica.

Premios e galardóns:

2007 gañadores da sección folk do concurso Nsaio no Camino (Galiza)

2008 gañadores do XI Concurso Folk Radio Obradoiro (Galiza) Finalistas do Escenario Runas do Festival Intercéltico de Ortigueira (Galiza) e segundo premio no concurso Folk Folkez Blai (Bizkaia, Euskadi)

2009 gañadores do IV Concurso Folk Escenario PRAU (Cantabria)

2010 Segundo premio no concurso folk Eurofolk (Córdoba)

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →