Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  Artículo Actual

Conde destaca a aposta da adega Don Bernardino pola calidade e a internacionalización dos seus viños

Por   /  15/05/2015 

    Imprimir       Email

VISITA DEL CONSELLEIRO DE INDUSTRIA FRANCISCO CONDE Y LA DELEGADA TERRITORIAL DE LA XUNTA RAQUEL ARIAS A LAS BODEGAS DON BERNARDINO EN SOBER

 

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou onte que a adega Don Bernardino, en Sober, é unha mostra de como a través da aposta pola calidade e a internacionalización, os sectores tradicionais da economía galega poden ser máis competitivos, contribuíndo así á creación de emprego no rural galego.

Conde destacou que a compañía, cunha produción de 40.000 litros ao ano, vende avalada pola D.O. Ribeira Sacra viños en países como Suíza, Estados Unidos, Taiwán e Reino Unido, exportacións que proximamente teñen previsto ampliar a Xapón e México.

Isto, segundo resaltou o conselleiro de Economía e Industria, converte a Don Bernardino nun exemplo do que se busca coa Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020, unha folla de ruta centrada nas pemes e que ten entre os seus principais obxectivos incrementar nun 25% o número de empresas exportadoras ata acadar as 8.000, así como incrementar a participación das exportacións no PIB da Comunidade ata chegar ao 40% no ano 2020.

Resaltou Francisco Conde durante a súa visita que “esa proxección internacional só é posible grazas á constante busca da mellora nos procesos e produtos”, que levou a Don Bernardino a conseguir máis de 30 premios a nivel nacional e internacional, destacando que se trata dunha empresa “asentada na tradición e con proxección de futuro”.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →