Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  Artículo Actual

Construción dunha senda peonil na estrada OU-536 ao seu paso por Trives

Por   /  02/08/2016 

    Imprimir       Email
  • Díaz Mouteira visitou as obras de construción dunha senda peonil que mellorará a seguridade viaria na estrada OU-536, ao seu paso polo concello da Pobra de Trives
  • A delegada territorial da Xunta xunto ao alcalde do municipio supervisaron estas actuacións que contan cun investimento de 70.000 euros

01-08-16 sendas peonís Trives

 

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, xunto co alcalde da Pobra de Trives, Francisco José Fernández, visitaron onte as obras de construción dunha senda peonil na estrada OU-536, ao seu paso por este concello ourensán, que contan cun investimento de 70.000 euros.

Esta actuación iniciouse a mediados do pasado mes de xullo. Consiste na execución dunha cuneta de seguridade transitable de formigón de 2 metros de ancho, que realizará a dobre función de senda peonil para a circulación dos peóns en condicións seguras e de sistema de canalización das augas de drenaxe.

Segundo explicou a delegada territorial, “terá unha lonxitude aproximada de 500 metros, e constrúese dende o punto no que rematan as beirarrúas de Trives ata o antigo centro comarcal (p.q. 68+640 a 69+140 da OU-536, aproximadamente), pola marxe dereita da estrada”.

Díaz Mouteira indicou que o Goberno galego, con este tipo de actuacións, busca resolver carencias nas infraestruturas dos concellos galegos, proporcionando unha rede viaria máis cómoda e segura e potenciando o desenvolvemento económico e social.

Marisol Díaz Mouteira explicou que esta obra execútase mediante o contrato de conservación integral e está previsto que as obras rematen a finais deste mes.

01-08-16 sendas Trives

 

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →