Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  Artículo Actual

Desfile promocional dos Entroidos de Interese Turístico de Galicia

Por   /  09/09/2016 

    Imprimir       Email
  • Santiago acollerá o sábado o desfile promocional dos Entroidos de Interese Turístico de Galicia
  • Nove grupos que representan a outros tantos carnavais tradicionais galegos percorrerán a partir das 13:00 horas as principais rúas do casco histórico compostelán
  • Trátase dunha oportunidade única para contemplar de xeito conxunto os personaxes dos principais entroidos galegos
  • Preto de 250 personaxes procedentes de toda Galicia participarán neste acto

 

entroidos

 

O casco histórico da cidade de Santiago de Compostela será escenario este sábado día 10 de setembro do III Desfile promocional do Entroido da comunidade galega, un acto organizado por Turismo de Galicia en colaboración coas asociacións e institucións que representan os carnavais declarados de interese turístico no territorio galego.

Este é o terceiro ano que o departamento de Turismo da Xunta desenvolve un desfile destas características, co obxectivo de promover e difundir os valores dunha das festas máis tradicionais da comunidade galega.

Deste xeito, os cidadáns galegos, turistas e peregrinos que se atopan en Galicia estes días terán unha oportunidade única de contemplar de xeito conxunto os personaxes dos principais entroidos galegos.

Participantes

Nesta ocasión, desfilarán en Santiago oito grupos que representan a outros tantos entroidos declarados de interese turístico e ademais participará como convidado o Entroido Ribeirao, de Chantada.

Así, este ano estarán en Santiago, ademais do Entroido de Chantada, os de Verín, Xinzo de Limia, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Maceda, Cobres, Manzaneda e A Ulla.

Percorrido

O III Desfile promocional do Entroido de Galicia partirá ás 13.00 horas da Praza do Obradoiro, cun percorrido polas rúas e prazas Fonseca, Vilar, Toural, Cantón do Toural, Nova, Xelmírez, As Praterías, para rematar na Praza do Obradoiro, onde se concentrarán todos os participantes.

Nesta edición do Desfile promocional do Entroido de Galicia está previsto que participen preto de 250 personaxes procedentes de toda Galicia.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →