Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  Artículo Actual

Día Europeo de Concienciación sobre o Paro Cardíaco, 200 ourensans aprenderon a realizar as maniobras básicas

Por   /  17/10/2016 

    Imprimir       Email
  • Preto de 200 ourensans aprenderon hoxe a realizar as maniobras básicas de resucitación cardio pulmonar
  • Un equipo formado por médicos do Servizo de Medicina Intensiva e 061 impartiron hoxe obradoiros de formación conmemorando o Día Europeo de Concienciación sobre a Parada Cardíaca
  • Esta tarde adestradores e alumnos das categorías base de fútbol e baloncesto de Carmelitas participan no taller organizado por médicos da UCI do CHUO

 

rcp_muneco-650x332A Xerencia de Xestión Integrada do Sergas en Ourense apoiou hoxe o Día Europeo de Concienciación sobre o Paro Cardíaco coa organización, por parte do Servizo de Medicina Intensiva do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, de obradoiros de Resucitación Cardio Pulmonar básica, abertos ao público, no CHUO e centros de saúde Valle Inclán e Castro Caldelas.

O día europeo lembra a importancia de que o conxunto da poboación coñeza ou se forme nas técnicas básicas de Reanimación Cardiopulmonar, xa que o emprego precoz destas sinxelas manobras poden elevar nun 40% as taxas de supervivencia tras unha parada cardíaca.

A parada cardio-respiratoria (PCR), ou morte súbita, define un episodio que se produce de forma brusca e inesperada nunha persoa aparentemente sa. Esta situación caracterízase porque, en moitas ocasións, é unha morte evitable, xa que corazón que se parou pode volver latexar, pero o tempo do que se dispón para a súa recuperación é moi breve.

A maioría das paradas débense a problemas de corazón, sobre todo, complicacións do infarto de miocardio, como as causadas por unha arritmia chamada Fibrilación Ventricular, que provoca que o corazón deixe de bombear. Nuns segundos, pérdese o pulso, o coñecemento, a capacidade de respirar e, en minutos, a morte. Sen reanimación, máis aló de 10 minutos as posibilidades de recuperación son nulas.

Non si, o inicio da masaxe cardíaca nos primeiros 4 minutos, aumenta por riba do 50% as probabilidades de supervivencia, que podería recuperarse sen secuelas neurolóxicas.

A partir dese tempo, por cada minuto de demora, as probabilidades de recuperación baixan un 10%. Velaí a importancia de actuar rápidamente. Pese a elo,1 de cada 5 casos reciben RCP neste tempo, xa que, segundo os últimos datos, só 1 de cada 46 españois as saben realizar. Tal vez por elo, só o 50% dos afectados chegan con vida ao hospital, e deles o 50% falece durante o ingreso por secuelas ou complicacións.

220 falecidos por PCR en Ourense

En España, máis de 30.000 persoas falecen todos os anos debido a unha parada cardiorrespiratoria. Segundo esta estimación, na nosa provincia prodúcense ao redor de 220 falecementos cada ano por este motivo.

O obxectivo deste día europeo é precisamente lembrar que moitas destas mortes poden evitarse iniciando inmediatamente a (RCP). Manobras para as que non é preciso ter coñecementos en medicina ou ser sanitario, son fáciles de aprender e fáciles de realizar.

4 xestos que salvan vidas

Para elo o primeiro paso é saber recoñecer unha parada cardíaca e avisar ao 061. Así, ante unha persoa que se esvaece, débese comprobar se respira e responde a estímulos para, si non o fai, chamar inmediatamente ao 061.


O segundo é iniciar canto antes a Masaxe Cardíaca: Entrecrúzanse as mans e se sitúan no centro do peito ou esternón do paciente; a continuación, cos brazos estendidos, en ángulo recto respecto ao corpo da vítima, empézase a comprimir o tórax cara abaixo, uns 4 ou 5 centímetros e cunha frecuencia de ao redor de 100 veces por minuto, mantendo as compresións de xeito regular e sen interrupcións, ata que chegue os sanitarios ou recupere a conciencia.


O terceiro
paso é a desfibrilación precoz cando estea indicada, que consiste en empregar un desfibrilador para administrar ao corazón unha descarga eléctrica controlada, que reinicia a actividade cardíaca. Por último, aplicar técnicas de reanimación avanzada, practicadas xa polo persoal sanitario á súa chegada, e posteriormente no hospital. Importantes, pero inútiles si antes non se realiza o masaxe cardíaco.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →