Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  Artículo Actual

Dixitalizadas as aulas de 14 centros educativos públicos das comarcas de Quiroga, Lemos e Chantada

Por   /  09/04/2016 

    Imprimir       Email
  • A Xunta dixitaliza as aulas de 14 centros educativos públicos das comarcas de Quiroga, Lemos e Chantada
  • Cun investimento de máis de 116.000 euros dotouse de kits dixitais a aulas de 5º e 6º de educación primaria e de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO e Bacharelato de centros públicos de 10 concellos
  • A Administración autonómica instalou nos últimos meses un total de 4.000 kits en 700 centros públicos, unha actuación na que se investiron preto de 11 millóns de euros
  • Con esta segunda fase da dixitalización do Proxecto Abalar un total de 120.000 alumnos de preto de 900 centros estudan xa en aulas dixitais

Equipamento_Proxecto_Abalar

 

 

logoabalarUn total de 14 centros educativos públicos de 10 concellos das Comarcas de Chantada, Lemos e Quiroga beneficiáronse da dixitalización de aulas que vén de completar a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). A Administración autonómica investiu nestas comarcas máis de 116.000 euros na dotación e instalación de kits de aulas dixitais, compostos por encerado dixital interactivo, vídeo proxector, ordenador portátil para o posto de profesor, ademais da conectividade da aula.

Nos últimos meses a Xunta completou a instalación dun total de 4.000 kits destas características en 700 centros públicos, beneficiando a 70.000 estudantes, unha actuación na que se investiron preto de 11 millóns de euros. Con esta actuación a Xunta completou a todas as aulas públicas dos cursos 5º e 6º de Primaria, 1º,2º,3º e 4º da ESO e Bacharelato. Deste xeito, 120.000 alumnos e 6.000 aulas de preto de 900 centros públicos estudan en aulas dixitais.

Esta segunda fase da dixitalización, enmárcase no Proxecto Abalar, que se vén desenvolvendo desde 2010 con actuacións en 4 eixos: a mellora da conectividade nos centro públicos de Galicia; a dixitalización das aulas coa dotación de kits de aula dixital; a transformación do libro en papel aos contidos dixitais con e-Dixgal e o desenvolvemento de ferramentas de comunicación entre os membros da comunidade educativa (espazoAbalar e abalarMobil)

100% dos centros con conexións a 100 Mbps en dous anos
A mellora da conectividade é chave no proceso de dixitalización das aulas. Nos últimos seis anos multiplicouse por dez a velocidade media de conexión a rede dos centros públicos de Galicia, que pasou de 5,36 a 58,65 Mbps.

Actualmente, máis de 370 centros dispoñen de conexión a rede con velocidades superiores a 100 Mbps e chegarase a máis de 430 centros ao longo do 2016 (o 38% do total de centros públicos).

En decembro de 2015 asinouse un convenio con Ministerio de Educación e Red.es para dotar de conexión a 100 Mbps a todos os centros públicos ao remate de 2017. O acordo permitira un investimento do Estado de 17,1 millóns de euros aos que a Amtega sumará outros 2 millóns de euros.

e-Dixgal
Abalar é un proxecto que, desde 2010 está a transformar a aula tradicional en dixital, coa colaboración de toda a comunidade educativa, docentes, alumnos e familias. O pasado curso Abalar deu un paso máis cara unha educación integramente dixital coa posta en marcha da plataforma de aprendizaxe virtual e-Dixgal con contidos dixitais online e off-line, gratuítos para as familias.

Neste curso 2015/16 traballan de xeito diario con contidos dixitais preto de 6.000 alumnos de 5º e 6º de educación primaria e 1º de educación secundaria, e máis de 1.000 profesores de 104 centros públicos e concertados, que contan todos eles con aulas Abalar cun ordenador por alumno. No vindeiro curso a previsión é que máis de 7.500 alumnos se beneficien de e-Dixgal.

abalarMóbil
No marco do proxecto Abalar desenvolvéronse ferramentas para facilitar a comunicación entre os membros da comunidade educativa como o portal espazoAbalar e a app abalarMobil. espazoAbalar permite ao profesorado e as familias comunicarse e acceder a información sobre a evolución dos seus fillos no centro dende calquera ordenador. abalarMobil permite facer ese seguimento dende un dispositivo móbil (smartphone ou tablet).

Actualmente, abalarMobil estase a empregar en 236 centros educativos de Galicia, beneficiando a máis de 10.000 profesores e preto de 90.000 alumnos e as súas familias. A aplicación está dispoñible para Android e IOS con preto de 20.000 descargas en 2015.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →