Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  Artículo Actual

Dous operarios evacuados nun incendio en Trives

Por   /  14/08/2016 

    Imprimir       Email
Imagen Archivo

Imagen Archivo

Ás 18:24 comezaba un lume no concello de A Pobra de Trives, parroquia de Navea, do que tiveron que ser evacuados dous operarios, un deles por inhalación de fume e outro por un golpe nunha xeonllo a causa dun accidente mentres conducía unha motobomba. Ambos trasladados ao hospital de O Barco de Valdeorras.

Segundo as primeiras estimacións están afectadas polo incendio unhas 10 hectáreas e están traballando na súa extinción 1 técnico, 2 axentes, 8 brigadas, 3 motobombas, 5 helicópteros e 1 avión.

 

Situación dos lumes forestais

  • Lumes activos

Pobra de Trives, Navea

Cualedro, San Millao Activo un lume no concello ourensán de Cualedro, parroquia de San Millao, que comezaba onte ás 15:27 horas. Segundo as últimas estimacións están afectadas unhas 450 hectáreas. Están traballando na súa extinción 3 técnicos, 12 axentes, 35 brigadas, 16 motobombas, 3 pas, 7 helicópteros e 5 avións.

  • Lumes estabilizados

Sarreaus, Sarreaus Estabilizado un lume no concello ourensán de Sarreaus, parroquia homónima, que comezaba ás 13:15 horas. O lume non superou as 20 hectáreas (segundo últimas estimacións está nunhas 13) pero del tiveron que ser evacuados ao hospital de Ourense dous brigadistas por inhalación de fume. Os dous están xa dados de alta. Traballan na extinción deste incendio 2 axentes, 10 brigadas, 5 motobombas e 5 helicópteros.

  • Lumes controlados

Vilardevós, Soutochao Está controlado o lume do concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Soutochao, que se producía ás 02:42 horas. Segundo as primeiras estimacións afecta a 54 hectáreas. Están traballando na súa extinción 1 técnico, 3 axentes, 12 brigadas, 6 motobombas, 5 helicópteros e 4 avións.

Baralla, Neira de Rei Está controlado dende as 00:50 horas un lume no concello lugués de Baralla, parroquia de Neira de Rei, que segundo as últimas estimacións afectou a 54 hectáreas, 40 de arborado e 14 de raso. O lume comezaba ás 14:09 horas de onte e levan traballado nel 1 técnico, 8 axentes, 27 brigadas,15 motobombas, 2 pa, 7 helicópteros e 3 avións.

Porto do Son (parroquias de Xuño e Caamaño) Controlado ás 21:47 horas de onte o incendio iniciado o pasado mércores ás 16:45 horas no concello de Porto do Son, parroquia de Baroña, e que afectou tamén ás de Xuño e Caamaño. A zona afectada da parroquia de Baroña xa está extinguido.

Segundo novas estimacións, a superficie alcanza entre as tres parroquias é dunhas 1.000 hectáreas. No lugar levan traballado 4 técnicos, 54 axentes, 118 brigadas, 55 motobombas, 3 pas, 13 helicópteros e 5 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Arbo, Mourentán Declarouse controlado ás 14:10 horas o lume do concello de Arbo, parroquia de Mourentán. O incendio comezaba o mércores ás 20:23 horas e segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 1.583 hectáreas. Alí traballan 2 técnicos, 13 axentes, 56 brigadas, 30 motobombas, 6 pas, 8 helicópteros e 6 avións.

Crecente, Albeos Ás 14:10 horas tamén se deu por controlado o lume de Crecente, parroquia de Albeos, que comezou ás 17:52 horas do mércores. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 300 hectáreas. Participan na súa extinción 1 técnicos, 13 axentes, 35 brigadas, 32 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros.

Santiago, Fecha
Controlado dende as 12:59 horas de onte o lume rexistrado en Santiago, parroquia de Fecha. O incendio iniciouse ás 12:25 horas do mércores e segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 800 hectáreas. No lugar levan traballado 2 técnicos, 17 axentes, 43 brigadas, 22 motobombas, 3 pas, 7 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

  • Lumes extinguidos

Negueira de Muñiz, Barcela
Extinguido ás 18:31 horas desta tarde o lume declarado no concello lugués de Negueira de Muñiz, parroquia de Barcela, que segundo as últimas estimacións afectou a 50 hectáreas de monte raso. O lume rexistrábase ás 02:54 horas desta madrugada e traballaron na súa extinción 6 axentes, 20 brigadas, 11 motobombas, 1 pa e 6 helicópteros.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →