Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  Artículo Actual

Encontro de poetas en Quiroga 2015

Por   /  20/08/2015 

    Imprimir       Email

quiroga_concello_150_90O Concello de Quiroga segue a desenvolver a súa programación cultural, deportiva e de lecer e así o vindeiro día 29, sábado , a partir das 11:00h. ,na Casa da Cultura , terá lugar o XVII ENCONTRO DE POETAS NO VAL DE QUIROGA.

A este acto acuden cada ano máis poetas, tanto da nosa Comuniade coma de outras da xeografía española, todos eles con afán de potenciar este xénero literario.

Nesta edición, que presentarán Pepe Pol e Xesús Galán, será pregoeira D. ANTONIO Esteban González Alonso e recitarán uns trinta poetas, algúns que xa veñen participando dende a primeira edición deste certame e outros que se incorporan por primeira vez. O acompañamento musical do acto correrá a cargo do cantautor Javier Sotuela e do gaiteiro David.

Con este Certame o Concello de Quiroga quere fomentar o interés pola literatura en xeral e pola poesía en particular, ademáis de ofrecer a posibilidade de desarrollo da creatividade de todos os poetas, algúns ata este intre no anonimato, que atopan neste tipo de eventos o lugar axeitado para expresar e mostrar a súa obra. Unha vez rematado o recital todos os participantes desta edición xuntaranse nunha comida nun coñecido restaurante da vila.

Os poetas interesadaos en particpar poden inscribirse na Casa da Cultura ou ben chamando ao TelF. 982435125 ata o vindeiro día 27.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →