Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  As Portelas  >  Artículo Actual

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Chaguazoso

Por   /  13/05/2015 

    Imprimir       Email
Foto Archivo

Foto Archivo

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción do incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Vilariño de Conso, na parroquia de Chaguazoso.

O lume iniciouse ás 23:49 horas de onte e quedou extinguido ás 19:42 horas desta tarde. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de arredor de 120 hectáreas de monte raso, situadas en Rede Natura. Nos traballos de extinción deste incendio participaron 6 axentes forestais, 21 brigadas, 1 motobomba, 5 helicópteros e 1 avión.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →