Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  Bierzo  >  Artículo Actual

O Cancro do Bierzo IV

Por   /  04/10/2015 

    Imprimir       Email

Tralas mobilizacións levadas a cabo no mes de maio de 2011, cunha manifestación ao remate do mesmo que acadou a concurrencia dunhas 8.000 persoas na rúa, o Presidente da rexión – J. Vicente Herrera – veuse obrigado a amosar a súa postura e a do seu executivo respecto ao tema da incineración. E por iso declarou: “Se nalgún intre tivese que elixir entre a agricultura do Bierzo ou unha planta cementeira téñoo moi claro:  a miña decisión sempre sería a prol das denominacións de orixe e de calidade. Mais, así e todo, as empresas que compoñen a padroal do cemento non se deron por vencidas por este atranco que se produciu insospeitadamente.

En concreto, a compañía brasileira Votorantim, na súa sede de Toural dos Vados, programou e adaptou unha campaña moi ben deseñada, dirixida a colectivos e persoeiros locais, por mor de pregoar tódalas ventaxes que, ao seu entender, tiña a “valorización” de calquera clase de residuos e refugallos. Engadían, en conclusión, que ademais é o mellor que se pode facer para favorecer o medio ambiente e que a repercusión indesexable destas práticas na natureza é nula.

Por outra banda, logo de celebrados os comicios locais e autonómicos, as asociacións ecoloxistas bercianas procederon a intensificar as súas actuacións decatándose de que a loita aínda sería moi longa e difícil de gañar aos intereses do capital privado: recollida de sinaturas, actos de difusión e xornadas divulgativas,…

Mentres tanto, a Xunta de Castela e León tentou aprobar un Plan de Residuos ao obxecto de axudar a agochar as pretensións do “lobby” de fabricación dos produtos da construción.

A pesar de todo a Administración autonómica, precisamente o Conselleiro leonés Silván, estaba decidido a autorizar o emprego da biomasa como combustible na antiga cementeira Cosmos. Ante tal determinación “Salvemos O Bierzo” quixo acordar co resto de contendentes que, se se facían servir as aportacións forestais, fose en troques de esquecer para sempre o uso doutros materiais: fariñas animais, neumáticos, plásticos,…

12003346_10207679590017618_3805617290378663140_n

Todo o antedito enmarcábase nunha estratexia que pulaba polas enerxías renovábeis e limpas, en contra da política de apoio e reforzo do consumo de carbón e da anunciada apertura da central nuclear burgalesa de Garoña (pechada por razóns técnicas e agardando a súa nova posta en funcionamento despois de arranxarense os posibles problemas e feitas as necesarias adaptacións). Non cómpre nin dicir que Cosmos non aceptou nin repostou á oferta.

Tamén proseguiu a sucesión dunha morea de adhesións de diversos Concellos; porén, o de Ponferrada mantívose á marxe.

Nos anos 2012 e 2013 unha delegación berciana acudiu ás III e IV Xuntanzas da Plataforma en contra da Incineración de España, na que se atopaba acollida.

Na IV, que se desenvolveu na localidade navarra de Alsasúa, declarouse taxativamente o seguinte (entre moitos outros argumentarios):

“A incineración é a maneira máis insustentable e perigosa das que existen no tratamento dos residuos”, subliñaban dende a coordinadora. Neste senso, sinalaron que “xera emisións que causan prexuízos graves á saúde das persoas, animais e mailas prantas, a cualidade do aire e, asemade, da auga. Perante elas non temos nungún xeito de nos protexer con seguridade.”

Noutro canto, van denunciar que “estase a xeneralizar a produción de preparados e mesturas provenientes de residuos ao fin de seren queimados nas plantas cementeiras que, por estritos intereses propios e egoístas e coa colaboración das administracións, están xa a substituír as plantas de valorización enerxética contidas nos plans integrais de residuos”. Neste fío de xustificacións, afirmouse que xa se está a contemplar un Plan Integral de Xestión de Residuos en Valencia.

Polo tanto, esixiuse aos poderes públicos que non concedan autorizacións que “convirtan as cementeiras nos xestores finalistas e concluíntes dos residuos” e que, ao contrario, invistan en modelos novidosos e alternativos baseados na regra consensuada e contida nas 3 R: a redución, a reutilización e a reciclaxe. “Avogamos por sistemas máis respectuosos coa saúde humana, a contorna natural e, lóxicamente, que vaian cara a outras formas varias de desenvolvemento que creen emprego en lugar de destruílo, que é nin máis nin menos o que acontece nas cementeiras”, procuraron poñer en evidencia.

Noutra orde de cousas, fixeron un chamamento á cidadanía pregando que se organice e non vote a formacións políticas que defendan a incineración, salientando a relevancia da unidade de acción e comportamentos: “É, en realidade, un movemento universal diante dun problema común que só se pode atallar mediante solucións globais.”

E, nesas precisas xeiras, a multinacional portuguesa Cimpor recibiu “o visto e praze” que lle permitía a queima controlada de madeira e restos de poda e outros compoñentes da “biomasa”.

Xa creada coma Asociación legalizada “Bierzo Aire Limpo” requeriu da cementeira Cosmos que se definise no aspecto decisivo de se seguir a empregar os materiais que fai servir habitualmente como combustibles ou, no caso oposto, sobre a aceptación dunha comisión de peritos que axeiten un estudo serio, rigoroso e independente que recolla os efectos da incineración na comarca do Bierzo e, antes que nada, sobre a cualidade do aire que se respira.

A Plataforma advirte publicamente que porá en coñecemento dos tribunais calquera tentativa co gallo de autorizar a incineración cá Xunta de Castela e León xa ten rexeitado expresamente noutras datas xa pasadas.

Enfronte do enésimo anuncio de Cementos Cosmos de que pretende solicitar a autorización coa finalidade de queimar residuos diversos na Cementeira da que dispón en Toural dos Vaos, a Plataforma Bierzo Aire Limpo reclama, da mesma maneira que xa aconteceu perante a Xunta de Castela e León, que Cementos Cosmos amose con parámetros científicos as afirmacións que vén mantendo.

Aínda que cómpre ter por certo que a valorización de residuos conleva riscos ou – pola contra – convén proclama-la como ambientalmente aconsellable, Bierzo Aire Limpo desafía a Cementos Cosmos propoñéndolle que se adique a elaborar un estudo específico e independente que se refira á calidade do aire no Bierzo e que tamén recolla o comportamento das pegadas futuras que as novas emisións que tenta lanzar á atmosfera pensa o prevese que vai comportar. Neste estudo cómpre que se calcule ou fixe o volume de metais pesados, de hidrocarburos aromáticos policíclicos (HAP´s), dos niveis actuais de dióxido de xofre e máis do ozono, do grau de partículas en suspensión a contemplar e, asemade, que se comprobe o posible rebasamento dos valores que se establecen como limiares máximos ao respecto da actividade proposta.

11111132_10206536447079759_7424317462588402652_n

Bierzo Aire Limpo estaba daquela a piques de solicitar á Xunta de Castela e León que se lle remitise unha copia da documentación achegada por Cementos Cosmo para podela analizar. E, por riba de todo, resulta que a empresa non ten realizado aínda unha avaliación científica, rigorosa e independente relativa ao impacto do seu proxecto sobre o sector produtivo agrícola e gandeiro da nosa contorna, polo que coidamos que ten que ser moi negativo.

Tampouco a empresa concretou a proporción na que se pretenden utilizar os residuos no procedemento fabril: non é o mesmo empregar un 60% de madeira e derivados do forestal que queimar idéntica porcentaxe de plásticos e mailas rodas.

Tendo en conta os precedentes argumentos convocouse deseguido unha concentración perante a Delegación do Goberno autonómico en Ponferrada. O feito non pasou inadvertido e os xornais reflectírono polo miúdo:

“Cadea humana contra o Plan de residuos da Xunta”, “Medio milleiro de persoas encadéanse ao redor da Xunta para protestar contra a incineración en Cosmos”, “Medio milleiro de persoas debuxan unha cadea humana contra a incineración”,”Compoñen unha cadea humana para protestar contra o Plan de Residuos da Xunta”, “Medio milleiro de persoas describen unha cadea humana co fin de reclamar a retirada do Plan Integral de Residuos”, “Cadea humana contra a incineración de residuos no Bierzo”, “Medio milleiro de persoas conforman unha cadea humana contra a incineración”, “Medio milleiro de persoas amosan o seu rexeitamento respecto da incineración en Cosmos”,

“Maís de seis centos de manifestantes rodean a Xunta para apupar a Silván ao berro: no Bierzo non se queima!”, Medio milleiro de persoas “fan unha aperta simbólica” semellando ao seu pedido de retirada do Plano de Residuos da Xunta co obxecto de evitar a coincineración en Cosmos”, entre outros, eran os unámines titulares.

Máis adiante enterámonos dunha sentenza dada polo T. S. X. da Comunidade que axudaba dabondo aos nosos intereses conservacionistas:

A sentenza do T. S. X., a cal aínda podería recorrerse perante o Tribunal Supremo, pronúnciase no senso de que os recorrentes van subliñar, remarcar e salientar cos seus informes periciais “o ligame estreito entre as emisións gasosas e os residuos sólidos empregados nas plantas de incineración mailos seus efeitos prexudiciais que atinxen á saúde humana e tamén a súa repercusión negativa en xeral para tódalas producións agrícolas, gandeiras e naturais na contorna contemplada, nomeadamente nas viñas e nas prantacións froiteiras, coa correspondente mingua na demanda deses produtos que levaría, no seu caso, aparellada”.

Marcelino B. Taboada

Galería:

13378_10206231626219428_1265401425216349010_n

253414_217267458306344_4751936_n

254935_217267214973035_7580030_n

255684_217267411639682_7776337_n

261822_217267288306361_3337174_n

262199_217267348306355_618789_n

264877_217267374973019_6736449_n

994698_695039067195845_198812792_n


10660335_10206618988863252_2515521534676893634_n

10988282_10206231623499360_4554471146703248152_n

10991280_10206079913946716_8594484183312040868_n

10995800_10206728300955986_8903355504937757386_n

11011914_10206642361887563_3839631889059338350_n

11111132_10206536447079759_7424317462588402652_n

11143577_10206715006423631_819819677519635221_n

11174786_10206566731076840_4136235190916107009_n

11182235_10206618875500418_5415179377893942463_n

11235271_10206714989863217_2376012746686646336_n

11242195_10207457742991581_5306064084104203744_n

11295563_10206722865580105_7951428350557143386_n

11295758_10206711595938371_6819796363863683986_n

11350575_10206722865900113_2478852180700078999_n
CONSTITUCION BIERZO LIMPIO

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →