Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  Artículo Actual

Obras de reforzo do firme na estrada OU-533 en Viana

Por   /  30/05/2016 

    Imprimir       Email
  • A Xunta inicia mañá as obras de reforzo do firme na estrada OU-533, no concello de Viana do Bolo
  • Os traballos proxectados desenvólvense na súa totalidade neste municipio ourensán e levarase a cabo unha rehabilitación localizada do firme, mediante fresado e reposición dos tramos deteriorados
  • As obras terán unha duración de 6 meses e proporcionarán unha rede mais cómoda e segura en beneficio dos máis de 3.200 habitantes do Concello de Viana do Bolo e da súa área de influenza
Treito da actuación

Treito da actuación

 

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), inicia este martes, 31 de maio, as obras de rehabilitación do firme da estrada OU-533, ao seu paso polo Concello ourensán de Viana do Bolo.

Con esta actuación, que conta cun orzamento próximo aos 520.000 euros, o Goberno autonómico mellorará o estado do firme, para favorecer a comodidade dos usuarios e a seguridade viaria no treito obxecto da actuación.

As actuacións proxectadas desenvólvense na súa totalidade no Concello de Viana do Bolo e levarase a cabo unha rehabilitación localizada do firme, mediante fresado e reposición dos tramos deteriorados. Así mesmo, repoñerase a sinalización horizontal nos treitos afectados.

As tarefas divídese en dous tramos, concretamente no P.K. 2+976 ao 10+163, é dicir, 7.187metros de lonxitude que une os lugares de Bouza e Pradocabalos; e nunha segunda que vai dende o P.K. 15+090 ao 20+985, de 5.895 m de lonxitude, entre o lugar de Caldesiños e a estación de servizo de Viana do Bolo.

A rehabilitación estrutural do firme realizarase nunha superficie de 36.673,34 m2, mediante o fresado da zona danada nun espesor de 5 cm e a posterior reposición da capa de rodadura.

Por outra banda, tamén se actuará no punto quilométrico 9+740 co fin de mellorar a drenaxe da estrada, executando neste punto unha nova obra de drenaxe transversal.

As obras terán unha duración de 6 meses e proporcionarán unha rede mais cómoda e segura en beneficio dos máis de 3.200 habitantes do Concello de Viana do Bolo e da súa área de influenza.
 

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →