Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  Artículo Actual

Outubro de cinema galego en Viana

Por   /  13/10/2016 

    Imprimir       Email
  • Cinema galego en outubro en Viana do Bolo

cinema-galego

 

O Cine-clube A Lanterna, con a  colaboración do Centro Galego de Artes da Imaxe( CGAI,) proxectará na Casa da Cultura de Viana do Bolo un ciclo de cinema galego durante o mes de Outubro.

O ciclo prestará especial atención á obra de Chano Piñeiro, con a proxección de Sempre Xonxa (Venres 14, ás 20:15 hrs) e das curtas Mamasunción e O Camiño das Estrelas (Xoves 20, ás 20:15 hrs).

Alén destes filmes, programaranse A Lei da Fronteira, de Adolfo Aristarain (Venres 21, ás 20:15 hrs) e O Lapis do Carpinteiro, de Antón Reixa (venres 28, ás 20:15 hrs)

Proxectaranse, tamén, dous filmes infantís de animación, con capital galego na sua producción, O Bosque Animado (Sábado 15, às 18:00 hrs) e P3K: Pinocho 3000 (Sábado22, ás 18:00 hrs).

 

cinema-infantil

 

Cine-clube A Lanterna

logo-definitivo-a-lanterna-copia-2O Cine-clube A Lanterna creouse a finais de 2015 en Viana do Bolo e en Xuño de 2016 comezou as suas actividades. Ten o obxectivo de establecer unha regularidade nas proxeccións, nunha vila que se encontra a mais dunha hora da sala comercial mais cercana. Até o momento, leva proxectado seis filmes. A Casa da Cultura conta con instalacións modernas que permiten disfrutar da cada película.

É unha asociación sen ánimo de lucro que afronta os gastos con as cuotas dos seus socios e aportacións puntuais. Ademais, conta con a colaboración de varias institucións nacionais e internacionais, que lle permiten manter a sua actividade. Por todo isto, a entrada é de balde.

Para ser socio do Cine-Clube hai que abonar unha cuota anual de 20 Eur. na conta do Cine-Clube. Mais información en Facebook ou dirixíndose ao correo cineclubealanterna@gmail.com.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →