Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  Artículo Actual

PSOE e PP rexeitan en pleno o presuposto de Viana e impiden a súa aprobación

Por   /  30/12/2016 

    Imprimir       Email
  • O alcalde, Secundino Fernández (BNG),  dí que socialistas e “populares” fixeron pinza e non presentaron alternativas

 

A Corporación municipal de Viana debatiu en pleno o presuposto municipal para 2017, cun montante que ascende a 2.511000 euros, un 12 por cento máis que este ano. Pero o presuposto non prosperou xa que   foi rexeitado polos concelleiros do PSOE e o PP, impedindo a súa aprobación.

Secundino Fernández alcalde de Viana do Bolo

O alcalde, Secundino Fernández (BNG), destacou que “O PP de Montesinos e PSOE de Jesús Salgado xuntáronse para votar abaixo os orzamentos, fixeron unha pinza, un boicot en toda regla as contas para o 2017. Non fixeron propostas, non presentaron alternativas. So non e non”.

Secundino Fernández dixo que o socialista Salgado “negouse a negociar e non quixo facer a mínima proposta a pesares das suas promesas de negociación. Houbo xuntanzas en setembro, en outubro; se lle deu un borrador a principios de decembro, tentouse todo e todo foron excusas para non facer a mínima proposta para chegar ao acordó”.

O rexedor de Viana califica de “demagoxia tota” e  “irresponsabilidade política” a postura mantida polos concelleiros do PP e o PSOE, algo “que impide gastar 269.000 euros que se van recadar con tal de boicotear ao goberno. Non lle importan as necesidades das veciñas e veciños”.

Secundino Fernández citou que os concelleiros do PP e PSOE votaron  en contra de aumentar as inversión reais en 102.000 euros,un incremento do 45 por cento. Engadiu que  “votan en contra de aumentar a partida de infraestructuras viarias en 50.000 euros (un 48 por cento);  votan en contra de incrementar 20000 € a partida de locais sociais para o rural (suba 40%). Votan en contra de aumentar 40.000 euros a partida de arranxos dos edificios municipais (suba 57%); e votan en contra de incrementar as axudas as asociacións culturais e deportivas un 40 por cento. Tamén rexeitan 35000 € o orzamento dos servizos sociais. E votan en contra de que se incremente a partida para comercio e turismo 22.000 euros (suba 25%), entre outras cuestións”.
O alcalde de Viana insiste en que non presentaron alternativas e “argumentan que sube o IBI, cando  o que sube é o valor catastral. Non din que quen sube o valor catastral é a Axencia Tributaria que depende do Goberno do PP de Madrid, depende de Rajoy. Por desgraza non podemos facer nada e esa suba do 8% vaise producir de todas formas”.

Agora, o Concello  de Viana terá que funcionar co presuposto actual prorrogado.

 

 

 

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →