Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  Bierzo  >  Artículo Actual

Quiroga i Viana parada de ‘Contos en rede’, a nova actividade do programa ‘FalaRedes’ 2015

Por   /  09/10/2015 

    Imprimir       Email

O secretario xeral de Política Lingüística presenta ‘Contos en rede’, a nova actividade do programa ‘FalaRedes’ 2015.

  • Valentín García destaca que a aposta “quere poñer en valor a transmisión oral”
  • Ana Carreira, Inacio Vilariño e Santi Prego son os contacontos que han pasar por 30 entidades da Rede de Dinamización Lingüística ata finais de novembro
  • A Lama, Carballedo, Mondariz e Zas daranlles a benvida ao ‘Contos en rede’ esta fin de semana, con entrada libre e de balde ata completar a capacidade das salas

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou onte na Cidade da Cultura a nova actividade en xira do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2015, que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levará por entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Trátase dunha actividade exclusivamente oral que, en palabras de García, “quere poñer en valor a transmisión oral e o poder da mesma”.
Serán 30 entidades (27 municipios e 3 mancomunidades) as que gocen deste nova proposta de contadores, que está programada para os meses de outubro e novembro.

falaredes

Os contadores
Os contadores Ana Carreira, Inacio Vilariño e Santi Prego serán os encargados de levar adiante estes contacontos para público de calquera idade que se pon en marcha cos obxectivos primordiais de incentivar o uso do galego oral como ferramenta de creación artística, aumentar a oferta de actividade cultural en lingua galega e máis espallar o traballo dos artistas que realizan a súa actividade na lingua propia de Galicia.

O espectáculo
O outono é tempo de xuntanzas a carón do lume para escoitarmos os contos que, de xeración en xeración, veñen transmitíndose en lingua galega. Contos novos e vellos, cheos de intriga ou de humor, é precisamente o que nos trae esta nova actividade de FalaRedes.

O calendario desta edición, que vai deste sábado 10 de outubro ao 29 de novembro, inclúe un total de 27 localidades galegas: A Baña, A Cañiza, A Lama, Arzúa, Barro, Boiro, Cabana de Bergantiños, Carballedo, Carral, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Corcubión, Cotobade, Cuntis, Mondariz, Ordes, Outeiro de Rei, Outes, Palas de Rei, Pereiro de Aguiar, Ponte Caldelas, Quiroga, Rois, Salceda de Caselas, San Critovo de Cea, Val do Dubra, Valga, Viana do Bolo, Vilaboa e Zas.

Todas as datas e espazos de celebración pódense consultar no web institucional www.lingua.gal e tamén na Axenda de Cultura de Galicia.

 

Novas propostas para dinamizar o galego
A cuarta edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes, que está en marcha desde o mes de marzo, trae consigo propostas de lecer en galego pensadas para todas as idades. Con elas preténdese promover o uso e máis a valoración positiva da lingua propia de Galicia. As actividades están a chegar a concellos da RDL, coa colaboración das deputacións provinciais que participan nela en concellos das súas competencias territoriais.

FalaRedes
O programa de dinamización lingüística chega á súa cuarta edición, logo do éxito colleitado nas case 600 actividades desenvolvidas no marco da RDL durante os tres primeiros anos de desenvolvemento deste programa. As propostas que se integran nel ano a ano buscan cumprir os obxectivos emanados do Plan xeral de normalización da lingua galega, nomeadamente, aqueles que animan a promover o uso e a valoración positiva da lingua propia de Galicia na infancia, na mocidade e na familia, enchendo o seu tempo de lecer con actividades de calidade no noso idioma.

Desde o 28 de marzo e ata finais de decembro chegará aos concellos da RDL, unha iniciativa impulsada polo Goberno galego para incidir nunha promoción do uso do idioma desde as administracións local e autonómica dun xeito coordinado e planificado.
Na actualidade conta con preto de 170 entidades adscritas.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →