Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  Bierzo  >  Artículo Actual

Santiago e Ponferrada sedes da nova edición das probas de acreditación da lingua galega en novembro

Por   /  18/08/2016 

    Imprimir       Email
  • Convocada unha nova edición das probas de acreditación da lingua galega (Celga) para novembro
  • Os exames realizaranse, nos seus catro niveis, os días 5, 6, 12 e 13 de novembro en Santiago de Compostela e Ponferrada

  • O prazo de inscrición estará aberto desde mañá ata o vindeiro 19 de setembro

 

celga_webO Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución do 11 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convoca unha nova edición das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, neste ano de 2016 (ED114A).

O prazo de inscrición destes exames, que se realizarán os días 5, 6, 12 e 13 de novembro en Santiago de Compostela e en Ponferrada (dado o especial interese da promoción do uso do galego nos territorios galegofalantes do Bierzo e Sanabria), está aberto desde mañá ata o vindeiro 19 de setembro. Canda a publicación das listaxes de admitidos definitivas, comunicarase o lugar ou lugares onde se realizarán os exames.

As probas celebraranse nas fins de semana do 5 e 6 (Celga 4 e Celga 2, respectivamente) e do 12 e 13 (Celga 3 e Celga 1, respectivamente). A convocatoria completa pódese consultar no Diario Oficial de Galicia de hoxe e no Portal da Lingua Galega www.lingua.gal.

Dúas convocatorias neste ano

A Consellería de Cultura e Educación reorganiza con esta convocatoria, que será a segunda do 2016, a loxística pola que se vén desenvolvendo o sistema de acreditación do Celga desde a súa implantación no ano 2007. Esta será a segunda vez, que se realicen as probas con profesorado Celga que desde o ano pasado forma parte do persoal propio deste departamento.

A realización desta convocatoria, xusto ao remate dos 29 cursos preparatorios programados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística que se impartirán por toda Galicia entre o 12 de setembro e o 3 de novembro, restablece así a secuencia de cursos e probas, como un único proceso.

O sistema Celga

O Celga é o certificado en lingua galega que expide a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e que acredita o coñecemento da lingua en cinco niveis: Celga 1, Celga 2, Celga 3, Celga 4 e Celga 5. Trátase dun modelo de aprendizaxe, ensino e avaliación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas definido polo Consello de Europa, no que se describen os coñecementos e habilidades que se contemplan en diferentes niveis para que a comunicación sexa eficaz.

O sistema Celga proporciona unha base común para a elaboración de programas de linguas, orientacións curriculares, exames, manuais etc. en toda Europa e configúrase en distintos niveis de coñecemento. Para isto, recolle as habilidades que reflicten a competencia comunicativa nas distintas destrezas e agrupa os contidos en lingua e comunicación (aqueles aspectos relacionados coas funcións comunicativas) e lingua e sistema (os vinculados co coñecemento do código e contidos socioculturais).

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →