Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  Artículo Actual

Son de Trives solicita al Concello que erradique o uso de herbicidas na rede viaria e espazos públicos do municipio

Por   /  10/05/2016 

    Imprimir       Email
  • Argumenta que se sustitúa por métodos mecánicos e biolóxicos non contaminantes, que non danen a saúde nin o medio

glifosatoJorge Vázquez Rodríguez, concelleiro do Grupo Mixto, en representación de Son de Trives, presentou con data 9 de maio de 2016, por rexistro de entrada do Concello unha solicitude para que o Concello de A Pobra de Trives impida o uso de glifosato e outros herbicidas tóxicos na rede viaria e espazos públicos do concello.

Exprica que a aplicación dun herbicida como o glifosato en espazos públicos constitúe un risco ao que se somete á poboación, aos traballadores/as municipais que o empregan, ao gando, á flora e fauna, ou ao chan e ás augas, dada a súa toxicidade.

O grupo fundamenta a súa solicitude en diversa lexislación, como o Real Decreto 1311/2012, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios, onde se especifica que “Con polo menos 10 días hábiles de antelación ao comezo de cada tratamento, o usuario profesional ou empresa contratante solicitará ao órgano competente da administración local a autorización para realizalo”, quedando claro que son os Concellos as institucións que, en uso das súas competencias, deben autorizar o uso de tratamentos fitosanitarios en calquera actividade distinta da produción primaria agrícola profesional.

Desde Son de Trives solicitan que o grupo de goberno do Concello de A Pobra de Trives acorde non autorizar o uso dos herbicidas con glifosato en todo tipo de lugares públicos do municipio, e substituír estes produtos por métodos mecánicos e biolóxicos non contaminantes, que non danen a saúde nin o medio así como que o Concello solicite por escrito ás autoridades competentes e entidades implicadas na aplicación de herbicidas que empreguen métodos de control alternativos mecánicos e biolóxicos, non químicos e se comprometa a informar deste acordo a todos os colectivos e entidades políticas, sociais e veciñais existentes no municipio”.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →