Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  Artículo Actual

Unha pista de patinaxe sobre xeo se instalará en Viana do Bolo durante a ponte de novembro

Por   /  22/10/2016 

    Imprimir       Email
  • O Concello desenvolverá un programa de actividades dende o 28 de outubro ata o 1 de novembro que tamén oferta un inchables, toro mecánico e simuladores

O Concello de Viana levará a cabo actividades de ocio familiar dende o día 28 de outubro ata o 1 de novembro, aproveitando a ponte escolar, para nenos pequenos pero tamén  adultos. O  “prato forte”, segundo deu a coñecer a institución local,  será unha pista de patinaxe de xeo sintética que, por primeira vez, chega a Viana do Bolo.

Ademais, se ofertarán inchables para os nenos, un toro mecánico e simuladores.

O lugar será no pavillón municipal e o precio da entrada será de 4 euros.  Haberá vales de desconto de un euro, por persoa e día, que se poden obter na Casa do Concello de Viana os días 28 e 31, en horario de oficina.

O Concello de Viana anima a  disfrutar destas actividades, principalmente da pista de patinaxe,  pois abre a porta ó entretemento durante os citados días.

patinaxe

 

 

 

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

deimi_cartas

Ponte de música, humor e maxia en Quiroga

Leer mas →