Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  Artículo Actual

Visita ó campamento de Manzaneda da directora xeral de Xuventude e Voluntariado

Por   /  22/08/2015 

    Imprimir       Email

xunta-de-galicia-300x135Onte pola tarde, a directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou a estación de montaña de Manzaneda, onde se está a desenvolver un campamento de alta montaña no que os participantes poden practicar golf, rutas BTT, muro de escalada, piscina e existe unha aula de natureza. No total da campaña, esta instalación acolle 270 participantes.

Esta iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar forma parte da campaña de verán da Xunta. A provincia de Ourense acolle este ano un total de 880 prazas, 75 máis que o anterior, para que mozos e mozas de entre 9 e 30 anos participen nas actividades de conciliación estival e de ocio educativo.

Na programación inclúense campamentos xuvenís para menores de 18 anos en Galicia e noutras comunidades autónomas; as actividades para maiores de 18 anos; campos de traballo en España e no estranxeiro; e accións de reencontro con mozos e mozas descendentes de galegos residentes no exterior.

Os campamentos desenvólvense no centro de educación ambiental Equal en Coles; no albergue Vilar de Ordelles en Esgos; na residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas, na capital da provincia; no campamento Penedos de Xacinto en Entrimo; e na estación de montaña de Manzaneda.

Ademais, a provincia de Ourense contou con campos de traballo para mozos e mozas de 18 a 30 anos en Celanova, Riós, Muíños e Vilar de Barrio e actividades para descendentes da emigración galega na residencia Florentino Cuevillas.

A oferta da Campaña de Verán a nivel autonómico ascende a 8.530 prazas, un 3,2 por cento máis que en 2014. Para a súa posta en marcha, a Consellería de Traballo e Benestar inviste 2,4 millóns de euros. Grazas a esta iniciativa, favorécese ademais a contratación de máis de 900 monitores e directores de campamentos.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →