Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  Artículo Actual

Xornada de convivencia das 69 agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia

Por   /  17/11/2016 

    Imprimir       Email
  • As 69 agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Ourense celebran este sábado unha xornada de convivencia
  • A secretaria territorial da Xunta, Silvia Dorado, recoñeceu a implicación e dedicación dos case 3.400 voluntarios da provincia e o seu labor altruísta
  • A Xunta colaborou este ano con este colectivo cunha achega de máis de .775.000 euros
  • A xornada desenvolverase na Ribeira Sacra e conta coa colaboración dos concellos de Castro Caldelas e Parada do Sil

 

161116-rp-xornadas-avpc

 

O vindeiro sábado, día 19, desenvolverase nos concellos de Castro Caldelas e Parada do Sil unha xornada de convivencia das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense, á que están invitadas a participar os case 3.400 voluntarios que integran as 69 agrupacións existentes na provincia.

A secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado, presentou onte en rolda de prensa esta xornada, acompañada do xefe territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Manuel Pardo; do xefe de servizo do servizo de Emerxencias, Jose Olivier Reboredo; membros da asociación provincial de AVPC, e das alcaldesas de Castro Caldelas e Parada do Sil, Sara Inés Vega e Iolanda Jácome, respectivamente.

Silvia Dorado manifestou que coa participación nestes encontros a Xunta quere recoñecer institucionalmente á figura do voluntario pola súa implicación e dedicación e polo seu importante labor altruísta. A secretaria territorial indicou que este colectivo “é un piar básico no sistema de emerxencias e sen o seu traballo sería moi difícil manter certos operativos”.

A Xunta colabora coas agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) para que este colectivo conte cos mellores medios e traballe nas mellores condicións. Así, no que vai de ano, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior achegou máis de 775.000 euros.

Programación

Despois da inauguración que terá lugar no Castelo de Castro Caldelas, ao longo da xornada terán lugar relatorios que tratarán sobre “A avespa velutina, o seu ciclo biolóxico e métodos de control”, celebraránse tamén talleres prácticos nos que se poderán empregar os equipos da Rede de comunicacións de emerxencias (Tetra) coa que estarán enlazadas e comunicadas tódalas forzas de seguridade e emerxencias da comunidade galega.

Ademais, contarase cunha exposición do material de emerxencias co que están dotados o GES de Castro Caldelas e as AVPC do interior da provincia de Ourense: remolques de emerxencias, vehículos todo terreo modelo pick up, así como cuñas quitaneves ou equipos excarceradores.

Rematará a xornada cun xantar de confraternidade, que incluirá unha homenaxee entrega de medallas aos voluntarios de protección civil que leven mais tempo de servizo.

Estas xornadas contan coa colaboración da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, os concello de Castro Caldelas e Parada do Sil e asociación provincial de AVPC da provincia de Ourense.

161116-xornadas-avpc

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

El estado de la estación de esquí vía webcam

Leer mas →