Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Comarcas  >  Artículo Actual

XXIX Festa da Castaña do Courel: castañas gratis, música e postos de artesanía

Por   /  02/11/2016 

    Imprimir       Email
  • Será o vindeiro 6 de novembro no Souto da Carroza en Folgoso do Courel e o pregón correrá a cargo de Davide Salvado

castanas

 

A XXIX Festa da Castaña do Courel, que conta ca declaración de Festa de Interese Turístico,  desenvolverase o próximo 6 de novembro no “Souto da Carroza” en Folgoso do Courel.

Os actos comenzarán ás 12 horas ca actuación do grupo Gaitas e Cantores do Caurel. 

As 13:00 horas levarase a cabo a  presentación do libro de Jesús Río Ramilo “O Courel bajo la cruz de Santiago S.XII-XIX”, mentres que o pregón terá lugar as 13.30, este ano a cargo de unha das voces máis carismáticas da zona, Davide Salvado, que seguidamente ofrecerá un concerto.

 Os asistentes poderán degustar gratuitamente castañas asadas do Courel e viño da zona a partires das 12 horas do mediodía e tamén atoparán servizo de churrasco e pulpo. 

Haberá  postos de artesanía e venta de productos da zona ,demostración de oficios, música tradicional e  charanga.

Un día antes, o 5 de novembro, haberá unha “pancetada”, a partires das 21,00 horas, e tamén verbena.

 

castana

castana1

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

deimi_cartas

Ponte de música, humor e maxia en Quiroga

Leer mas →