Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

A AECT promove a cooperación entre a industria textil da Eurorrexión para fortalecer e xerar sinerxías dentro do sector

Por   /  14/07/2015 

    Imprimir       Email

image_gallery

 

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, destacou hoxe o traballo que está a levar a cabo a AECT promovendo a cooperación entre a industria textil da Eurorrexión e ofrecendo unha oportunidade para fortalecer e xerar sinerxías que permitan impulsar a innovación, a competitividade e as exportacións dentro do sector textil, tan importante a ambos lados da fronteira.

Gamallo asistiu hoxe á recepción e benvida dos participantes da Xornada Clúster téxtil moda transfronteirizo, acompañado do director da Área de Internacionalización do IGAPE, Abel Veiga. O acto estivo organizado pola Agrupación Europa de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal (AECT-GNP) e tivo lugar na sede da Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia.

Durante o acto, o encargado das Relacións Exteriores da Xunta incidiu en que tanto o sector téxtil portugués como o galego están a crecer ao longo dos últimos anos en termos de exportacións, as cales poden ser potenciadas, mellorando e aproveitando as sinerxías entre as empresas, os centros tecnolóxicos, os centros de formación e as demais institucións públicas e privadas da Eurorrexión Galicia e Norte de Portugal.

Nas Xornadas, segundo palabras de Jesús Gamallo, unha das premisas básicas é o mellor coñecemento mutuo das entidades públicas, das empresas de ambas rexións e dos centros de competencias de apoio ao sector, constituíndo a oportunidade ideal para xerar sinerxías e fortalecer a cadea de valor na área téxtil-moda.

As Xornadas supoñen un novo esforzo da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (AECT-GNP) na busca dunha maior aproximación das empresas dos dous lados da fronteira. Neste senso, en xullo de 2014 xa foi asinado, na súa sede en Vigo, un protocolo de cooperación entre a Asociación Téxtil e Vestiario de Portugal (ATP) e COINTEGA coa Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal.

Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (AECT)
Para os vindeiros anos, os obxectivos e as prioridades da Comunidade de Traballo Galicia Norte de Portugal veñen marcados pola Estratexia Europa 2020, que avoga por un crecemento sostible, intelixente e integrador mediante a implementación de estratexias de desenvolvemento económico e de creación de emprego.

A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal conta cunha ferramenta esencial, que é a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (AECT). Unha entidade que se ten configurado como o auténtico brazo executor das políticas da Eurorrexión, centrada na promoción das relacións transfronteirizas, na valorización e o fomento da concorrencia do tecido empresarial de Galicia e o norte de Portugal e no aumento da cohesión social.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →