Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

A Amtega pon á disposición da cidadanía o Dicionario da pronuncia da lingua galega no Repositorio de Software Libre da Xunta

Por   /  05/10/2015 

    Imprimir       Email
  • Grazas á colaboración co Instituto da Lingua Galega da USC e coa Secretaría Xeral de Política Lingüística este documento, con máis de 66.000 ficheiros sonoros, está xa accesible en formato aberto
  • Facilítase así a súa reutilización por parte de calquera persoa ou empresa interesada en crear aplicacións en base a esta ferramenta
  • O dicionario ofrece un modelo de pronuncia da lingua galega, na súa variedade estándar, que abrangue desde léxico común a máis de 2.500 nomes e apelidos, toponimia e accidentes xeográficos

pronunciacionA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon a disposición da cidadanía no Repositorio de Software Libre da Xunta o Dicionario da pronuncia da lingua galega. Isto permitirá que calquera persoa usuaria interesada poida empregalo, modificalo e distribuílo libremente.

O Dicionario de pronuncia da lingua galega está dispoñible para a súa consulta dende hai tempo na rede (http://ilg.usc.es/pronuncia), onde calquera falante que dubide sobre a pronuncia dunha palabra galega pode escribila e pode ver a transcrición fonética, así como escoitar a pronunciación desa palabra. Este recurso tamén está integrado no Dicionario da Real Academia Galega, no que é posible consultar a pronuncia de calquera das palabras nel recollidas.

O dicionario ofrece un modelo de pronuncia da lingua galega, na súa variedade estándar, nun rexistro formal e cun ritmo normal de fala. Dado o interese lingüístico desta ferramenta e os posibles usos que podería ter para o emprego, por exemplo, no desenvolvemento de ferramentas de aprendizaxe do idioma etc. A Amtega e mais o ILG e a Secretaría Xeral de Política Lingüística decidiron colaborar para liberalo.

Máis de 66.000 documentos sonoros
Un total de 66.714 ficheiros de son en formato aberto ogg compoñen este recurso liberado. Ademais de léxico común, incluíndo as voces máis recentes do dicionario da Real Academia Galega, inclúense tamén mil nomes propios de persoas, 1.500 apelidos e os nomes dos concellos, comarcas e parroquias do país, así como varios centos de nomes de ríos, montes e accidentes costeiros.

Así, hoxe publícanse os recursos que compoñen este dicionario para facilitar a súa reutilización por parte de calquera persoa ou empresa interesada. Estes recursos consisten na base de datos que relaciona o léxico recollido no dicionario coa súa pronuncia así como os ficheiros correspondentes á pronuncia de cada unha das palabras.

Este material foi elaborado a través dunha colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a USC, por medio do ILG, e contou coa colaboración da Radio Galega.

Repositorio de Software Libre da Xunta
A base de datos do dicionario de pronuncia está dispoñible no Repositorio de Software Libre da Xunta de Galicia. Todos os ficheiros publícanse na páxina do proxecto (https://forxa.mancomun.org/projects/pronuncia/) baixo a licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional.

Esta actuación enmárcase no Plan de Acción en materia de Software Libre da Xunta de Galicia que pon á disposición da Administración Pública galega o servizo de certificación de liberación de software.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →