Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

A APP do Camiño supera as 7.300 descargas

Por   /  19/11/2016 

    Imprimir       Email
  • A aplicación móbil do Camiño de Santiago posta en marcha pola Xunta suma xa máis de 7.300 descargas
  • Esta aplicación, que nace no marco do proxecto Smart Camiño, constitúe unha mostra máis da aposta da Xunta de Galicia pola incorporación da innovación, a calidade e a competitividade no sector turístico
  • O obxectivo é acompañar e guiar aos peregrinos con información sobre cada unha das rutas oficiais do Camiño de Santiago desde a súa entrada en Galicia

smartcamino1

 

A aplicación móbil do Camiño de Santiago posta en marcha o pasado mes de maio por Turismo de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) suma xa un total de 7.344 descargas.

A aplicación, que nace no marco do proxecto Smart Camiño, constitúe unha mostra máis da aposta da Xunta de Galicia pola incorporación da innovación, a calidade e a competitividade no sector turístico.

A través desta aplicación móbil pioneira, que ten como obxectivo acompañar aos peregrinos na súa viaxe a Compostela e ser a súa guía, estes poden obter información sobre todas as rutas oficiais do Camiño de Santiago desde a súa entrada en Galicia: Camiño Francés, Ruta Fisterra-Muxía, Vía da Prata, Camiño Portugués, Camiño Inglés, Camiño Primitivo, Camiño do Norte, Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, e Camiño de Inverno.

Os peregrinos dispoñen, así, en tempo real, de toda a información que necesitan en cada momento sobre os trazados oficiais das rutas xacobeas, a Rede Pública de Albergues coas súas características, horarios, localización, teléfono e fotografías; información sobre os eventos culturais -festas, concertos, talleres, etc- así como información detallada de todos os recursos turísticos -descrición, localización e imaxes-.

Así mesmo, os peregrinos poden consultar nela onde comer, onde aloxarse e que visitar en cada un dos tramos do Camiño coñecendo a ampla oferta dos establecementos turísticos cos que conta.

app_smart_camino

 

Ademais, a aplicación permítelles coñecer información meteorolóxica –ofrecida por Meteogalicia- así como datos de contacto e dirección dos centros de saúde e emerxencias.

Por outra parte, a plataforma dixital conta cun servizo de realidade aumentada que permite, a través da cámara do móbil, visualizar todos os puntos de interese situados nas proximidades.

No apartado ‘Meu diario’, os peregrinos poden gardar os momentos máis importantes do Camiño, a través de notas de texto e fotografías, para posteriormente, a través da funcionalidade do portal ‘A miña experiencia’ crear o seu propio libro dixital.

A aplicación está dispoñible nos idiomas galego, español e inglés e a maior parte das súas funcións poden ser empregadas sen necesidade de cobertura no móbil.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

Papá Noel conectará a través de videoconferencia con mais de 1.600 nenos e nenas

Leer mas →