Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

A Axencia Tributaria de Galicia facilitou a máis de 95.000 contribuíntes a transmisión do seu vehículo en 2014

Por   /  16/08/2015 

    Imprimir       Email

alberto nunez feijoo preside a reunion do consello da xuntaA Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) facilitou a transmisión do seu vehículo a 95.942 contribuíntes galegos no pasado ano 2014, o que supón o 92% do total de presentacións de vehículos. Foi o primeiro ano de aplicación do convenio de colaboración coa Dirección General de Tráfico (DGT) para reducir e facilitar a tramitación que fan os cidadáns no momento de solicitar o cambio de titularidade dun vehículo.

O acordo subscrito entre a ATRIGA e a DGT ten como finalidade o intercambio e a cesión mutua de información a efectos tributarios, co obxectivo de que os contribuíntes galegos fagan menos trámites neste procedemento. O convenio inclúe a eliminación do soporte papel que ata agora se viña utilizando para a verificación de que o cidadán estaba ao corrente das súas obrigas tributarias.

En concreto, a Axencia Tributaria de Galicia obtén do Registro General de Vehículos a información necesaria para practicar a liquidación do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais (ITP), e unha vez liquidado este imposto xera un Código Electrónico de Transmisións (CET) que se lle entrega ao cidadán ou ao seu representante.

Unha vez realizado este trámite, o contribuínte só ten que facilitar este código á DGT no momento de solicitar o cambio de titularidade de vehículo, en lugar de levar o xustificante en papel de ter realizado a liquidación do ITP. Así, a Dirección General de Tráfico solicita un código válido ao cidadán ou ao seu representante, e unha vez verificado procede ao cambio de titularidade e á emisión dun novo permiso de circulación.

O convenio enmárcase na colaboración mutua que debe presidir as relacións entre as Administracións públicas e de acordo co principio de lealdade institucional recoñecido nas leis. Trátase de intensificar as relacións interinstitucionais de cooperación e o impulso de modernización, na inoperabilidade con outras Administracións e na racionalización e mellora da Administración tributaria na autonomía para obter unha xestión eficaz dos recursos públicos, así como un mellor servizo á cidadanía, que simplifique as xestións e trámites burocráticos.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →