Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

A campaña Galicia contra a Violencia de Xénero busca a implicación da sociedade nesta loita

Por   /  19/11/2016 

    Imprimir       Email
  • A Xunta presentou a campaña Galicia contra a Violencia de Xénero, que busca a implicación da sociedade nesta loita
  • O vicepresidente da Xunta detallou as accións programadas con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero
  • Teresa Portela e Roberto Vilar colaboran nesta campaña e prestan a súa imaxe de xeito desinteresado
  • A campaña compleméntase tamén con outras actividades como a andaina contra a violencia de xénero Camiño ao respecto, que se celebrará o domingo 27 de novembro en Santiago
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, xunto con Roberto Vilar e Teresa Portela, na presentación en rolda de prensa da campaña do 25 de Novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Foto Xoán Crespo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, xunto con Roberto Vilar e Teresa Portela, na presentación da campaña do 25 de Novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Foto Xoán Crespo

 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou onte a campaña Galicia contra a Violencia de Xénero” que a Xunta vai poñer en marcha con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da Violencia de Xénero, e que este ano ten como lema Todos e Todas contra a violencia de xénero.

Nesta presentación estiveron tamén presentes Teresa Portela e Roberto Vilar, dous personaxes públicos que colaboran nesta campaña e prestan a súa imaxe de xeito desinteresado.

Actualmente existen medios para loitar contra a violencia de xénero, como medidas de protección, a incorporación da Policía Autonómica nesta materia, axudas económicas para as vítimas, está en marcha o CRI e os CIMs espallados por toda Galicia e a Xunta ofrece atención psicolóxica e asesoramento, entre outras, pero non chega só con atender ás vítimas de violencia de xénero. É fundamental concienciar a toda a sociedade de que este é un problema de todas e de todos, e só coa implicación de todas e todos poderase facerlle fronte.

O vicepresidente explicou que se vai levar a cabo unha campaña institucional en medios e tamén se repartirán máis de 36.000 folletos informativos por todas as cidades e vilas de Galicia. Rueda valorou a importancia destas campañas informativas porque unha parte moi importante da loita contra a violencia de xénero pasa pola prevención e a sensibilización da poboación.

Alfonso Rueda indicou que a loita pola igualdade real entre homes e mulleres é fundamental para o Goberno galego, e dentro dela, sen dúbida a erradicación da violencia de xénero é unha prioridade, xa que constitúe a máis grande mostra de desigualdade e un ataque directo contra os dereitos fundamentais das persoas.

Camiño ao respecto

A campaña compleméntase tamén con outras actividades como a andaina contra a violencia de xénero Camiño ao respecto, que se celebrará o domingo 27 de novembro en Santiago de Compostela. O percorrido é dende o Monte do Gozo, con saída ás 11:00 horas e chegada ás 12:30 horas á Praza do Obradoiro coa lectura dun manifesto contra a violencia de xénero.

O camiño ao respecto ten dous obxectivos principais. Por unha banda, promover a participación cidadá en prol do rexeitamento social á violencia de xénero e por outra, sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre homes e mulleres, valores que encarna o Camiño de Santiago.

Ademais, con motivo do Día Internacional para a eliminación da Violencia de Xénero, o 25 de novembro inaugurarase en Santiago a exposición Á Violencia de Xénero… Dille NON!, exposición gráfica ilustrada, dirixida a axudar á mocidade a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas, nocivas nas súas relacións, que se difundirá por varios medios e coa que faremos especial fincapé nas redes sociais, das que nos temos que valer para chegar con maior facilidade as nosas mozas e mozos e contrarrestar esta lacra.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

La mercancía incautada

Detenidos en Oímbra dos vecinos de Portugal por un delito contra la propiedad industrial por transportar ropa falsificada por valor de 11.000 euros

Leer mas →