Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

A Consellería de Cultura e Educación colabora coa terceira edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

Por   /  21/07/2015 

    Imprimir       Email

image_galleryA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora cunha nova edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, un certame promovido pola Fundación Benito Losada co obxectivo de situar a Galicia no circuíto internacional da fotografía e de promover nesta disciplina novas creacións na linguaxe visual contemporánea.

As bases da terceira edición do certame, que tamén conta co apoio da Deputación de Lugo, foron presentadas hoxe en rolda de prensa polos coordinadores do premio, Xosé Lois Vázquez e Víctor Nieves, polo deputado de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, Francisco Javier Balado, e polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, quen destacou o interese da iniciativa para “estimular a creación contemporánea, así como para divulgar e recoñecer os proxectos actuais dos nosos artistas”.

Unha “nova porta” á creación contemporánea
“Cada nova convocatoria deste premio abre unha porta máis ás novas propostas artísticas no ámbito da fotografía, que, ademais de ser unha manifestación estética e creativa, é a testemuña da nosa memoria histórica contemporánea”, dixo.Tamén destacou a crecente proxección internacional que vai acadando o premio, así como o recoñecemento que supón o certame a un proxecto que ten detrás un importante labor de investigación e documentación.

Exposición itinerante e libro co proxecto gañador
O certame premia propostas de carácter visual-fotográfico no discurso da fotografía contemporánea realizadas por autoras e de autores de calquera nacionalidade. A dotación económica é de 12.000 euros. Esta contía destínase á produción dunha exposición coa obra gañadora que itinerará durante dous anos –a inauguración terá lugar entre os meses de novembro e decembro de 2015– xunto coa súa publicación nun libro dentro da serie Premio Galicia de Fotografía Contemporánea da colección OF. Ademais, tamén se incorporará ao libro do Festival Outono Fotográfico do ano seguinte unha selección de fotografías do traballo gañador.

Prazo de presentación
O prazo de presentación das obras rematará o 15 de setembro de 2015. Entre os traballos que participen, o xurado fará a selección de tres proxectos, que serán os finalistas. Os nomes dos autores ou autoras publicaranse o 22 de setembro de 2015 en www.outonofotografico.com e nas redes sociais do festival. A selección realizarase atendendo á linguaxe visual do autor ou da autora, á calidade fotográfica, á contemporaneidade. Corenta e oito horas despois, o xurado elixirá o gañador ou gañadora de entre os finalistas, e o seu nome será publicado nestas mesmas canles.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →