Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

A Consellería de Cultura e Educación oferta 44 cursos de linguaxe administrativa galega e preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga) nas distintas escolas oficiais de idiomas de Galicia

Por   /  15/08/2015 

    Imprimir       Email

Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica onte no Diario Oficial de Galicia a convocatoria dun total de 44 cursos para a mellora das competencias na lingua propia de Galicia, nomeadamente de Linguaxe Administrativa Galega – nas modalidades presencial e en liña, nivel medio e superior- e preparatorios para as probas de acreditación da certificación de lingua galega (Celga).

A formación dividirase en dous cuadrimestres e estenderase entre outubro de 2015 a maio de 2016, en horario de mañá ou de tarde nas escolas oficiais de idiomas das sete cidades galegas. O prazo para solicitar participar nos cursos do primeiro cuadrimestre estará aberto ata o 11 de setembro; e ata o 14 de decembro para os do segundo. Todos eles teñen carácter gratuíto

Poderán beneficiarse da formación en Linguaxe Administrativa Galega, en xeral, o persoal das diferentes administracións públicas de Galicia, agás as excepcións indicadas na convocatoria. Os cursos preparatorios do Celga están dirixidos a todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.

Os termos da convocatoria e o contido e o número e horario de cursos pode consultarse no Diario Oficial de Galicia de hoxe e no enlace web http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150813/AnuncioG0164-040815-0004_gl.html .

A oferta formativa queda recollida no seguinte cadro:

EOI da Coruña
EOI de Ferrol
EOI de Santiago
EOI de Lugo
EOI de Pontevedra
EOI de Vigo
EOI de Ourense
Linguaxe Administrativa Galega Presencial

– 2 cursos nivel superior no 1º cuadrimestre

– 2 cursos nivel superior no 1º cuadrimestre

– 1 curso nivel medio no 1º cuadrimestre

– 1 curso nivel superior no 1º cuadrimestre

– 2 cursos nivel superior no 1º cuadrimestre

– 1 curso nivel medio no 1º cuadrimestre

– 1 curso nivel superior no 1º cuadrimestre

Linguaxe Administrativa Galega en liña

– 2 cursos nivel superior no 2º cuadrimestre

– 2 cursos nivel medio no 2º cuadrimestre

– 1 curso nivel medio no 2º cuadrimestre

– 1 curso nivel superior no 2º cuadrimestre

– 1 curso nivel medio no 2º cuadrimestre

Celga 2

– 1 curso no 1º cuadrimestre

– 1 curso no 2º cuadrimestre

– 1 curso no 1º cuadrimestre

– 1 curso no 2º cuadrimestre

– 1 curso no 1º cuadrimestre

– 1 curso no 2º cuadrimestre

– 1 curso no 1º cuadrimestre

Celga 3

– 1 curso no 1º cuadrimestre

– 1 curso no 1º cuadrimestre

– 1 curso no 2º cuadrimestre

– 1 curso no 1º cuadrimestre

– 1 curso no 1º cuadrimestre

– 1 curso no 2º cuadrimestre

– 1 curso no 2º cuadrimestre

Celga 4
– 1 curso no 2º cuadrimestre

– 2 cursos no 2º cuadrimestre

– 1 curso no 1º cuadrimestre

– 1 curso no 2º cuadrimestre

– 1 curso no 2º cuadrimestre

– 1 curso no 2º cuadrimestre
– 2 cursos no 1º cuadrimestre

– 2 cursos no 2º cuadrimestre

– 1 curso no 1º cuadrimestre

– 1 curso no 2º cuadrimestre

Plan de formación en lingua galega para persoas adultas 2014
A convocatoria destes cursos forma parte do plan de formación en lingua galega para persoas adultas que porá en marcha, como vén sendo habitual, a Xunta de Galicia por medio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →