Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

A Consellería de Cultura e Educación rematou sen incidencias a recollida do 100% dos manuais do banco público de libros para Primaria

Por   /  23/07/2015 

    Imprimir       Email

alberto nunez feijoo preside a reunion do consello da xuntaA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria rematou sen incidencias a recollida dos manuais que pasarán a formar parte do Fondo de Libros da Gratuidade Solidaria na etapa de Primaria, nos cursos de 3º e 5º; que acada xa o 100% dos libros adquiridos no curso 2014/2015 con cargo ás axudas concedidas por parte do Goberno autonómico. Desta forma, preto de 132.000 libros están xa a disposición dos centros de ensino para o seu reparto entre as familias beneficiarias deste programa da Xunta de Galicia ideado para apoiar a quen contan con menos recursos. No caso da recollida dos manuais en Secundaria, en concreto nos cursos de 2º e 4º desta etapa, os datos finais do proceso coñeceranse en setembro, unha vez rematen as avaliacións das materias suspensas.

A Consellería quere agradecer a colaboración de pais, nais e centros de ensino que fixeran posible que o proceso de recollida se desenvolvese con total normalidade. Así mesmo, salienta a disposición e xenerosidade das familias que realizaron doazóns adicionais ao Fondo.

Cómpre sinalar, ademais, que o departamento educativo do Goberno galego deu xa instrucións aos centros públicos para que, nos casos nos que se incrementara o número de familias beneficiarias da Gratuidade ou do tramo de rendas máis baixas suxeito á mesma, se adquiran os libros necesarios para acadar o mesmo nivel de apoio da Administración autonómica que se tería co sistema de axudas.

Vale para material escolar
Cómpre lembrar, así mesmo, que xa se está a tramitar unha nova convocatoria de axudas á adquisición de material escolar, a través da que entre 60.000 e 70.000 alumnos e alumnas de Primaria e ESO recibirán un vale de 50 euros para a compra de material para o curso 2015/2016. Con esta nova liña, destinada a familias cunha renda per cápita inferior a 5.400 euros/ano por membro da unidade familiar, a Xunta reforza o seu apoio ás galegas e galegos con maiores dificultades económicas; garantindo que os nenos e nenas de familias con menos recursos poidan desenvolverse en igualdade de condicións dentro do sistema educativo.

Axudas á compra de libros
De forma paralela a Consellería de Cultura e Educación continúa co proceso de tramitación das solicitudes de axuda á compra de libros para os cursos de 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria e educación especial.
A combinación dos diferentes programas postos en marcha pola Consellería nos últimos anos (axuda para adquisición, reutilización de material existente, acceso progresivo a contidos educativos dixitais e a plataformas de aprendizaxe dixital) permite aproveitar o mellor de cada un dos instrumentos utilizados, obtendo o máximo rendemento educativo, así como un importante nivel de cobertura en canto ao alumnado beneficiario.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →