Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

A exposición ‘Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago’ supera os 5.000 visitantes

Por   /  26/10/2016 

    Imprimir       Email
  • A exposición ‘Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago’ recibiu xa máis de 5.000 visitantes
  • A mostra foi inaugurada o pasado 14 de setembro en apoio á candidatura do Códice Calixtino para a súa inclusión no Rexistro Internacional da Memoria do Mundo da UNESCO
  • A exposición, organizada por Turismo de Galicia en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, percorreu varias cidades europeas e españolas antes de chegar a Santiago
  • Permanecerá aberta ao público na igrexa da Universidade de Santiago de Compostela ata o próximo 3 de novembro

image_gallery

 

A exposición ‘Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago’ organizada por Turismo de Galicia, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela para o apoio á candidatura do Códice Calixtino para a súa inclusión no Rexistro Internacional da Memoria do Mundo da UNESCO, recibiu xa máis de 5.000 visitantes.

A visitante 5.000 desta mostra que inaugurouse o pasado 14 de setembro recibiu como agasallo un exemplar do Códice Calixtino.

A exposición de carácter divulgativo e didáctica permanecerá aberta ao público na Universidade de Santiago de Compostela ata o próximo 3 de novembro, despois de percorrer varias cidades europeas e españolas.

image_gallery-2

 

A mostra conta con textos, fotografías, o facsímil do documento, pezas orixinais así como recreacións audiovisuais baseadas en datos do Libro V do Códice onde a creatividade contemporánea forma parte do proxecto.

Así mesmo, ademais de varias láminas orixinais do artista Francisco Leiro, que forman parte da primeira versión completa do Calixtino en lingua galega, a exposición mostra unha serie de fotografías actuais do Camiño de Santiago, de artistas como Luís Gabú, Santy López, Manuel Valcárcel, Margen Fotografía, Eutropio Rodríguez e Silvia Steinbach, que ilustran a vixencia dunha serie de textos orixinais do Liber Sancti Iacobi.

Trátase, deste xeito, dunha maridaxe entre o pensamento do século XII e a vivencia da peregrinación compostelá no século XXI.

A mostra pode visitarse de luns a sábado en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas.

image_gallery-1

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

La mercancía incautada

Detenidos en Oímbra dos vecinos de Portugal por un delito contra la propiedad industrial por transportar ropa falsificada por valor de 11.000 euros

Leer mas →