Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

A exposición de Turismo de Galicia ‘Peregrinatio. O Camiño de San Francisco a Santiago’ chega a cidade portuguesa de Coimbra

Por   /  05/08/2015 

    Imprimir       Email

image_galleryO Museu Nacional Machado de Castro na cidade de Coimbra acolle ata o día 30 de agosto a exposición audiovisual ‘Peregrinatio. O Camiño de San Francisco a Santiago’.

Trátase dunha exposición itinerante organizada por Turismo de Galicia que xa visitou as cidades de Lisboa, León, Astorga, Ponferrada, Villafranca e Oviedo e numerosas vilas galegas.

A exposición audiovisual é froito da viaxe realizada polo fotógrafo Manuel Valcárcel e o músico Alexandre González a través de Italia, Francia, o norte de España e a Galicia xacobea, seguindo a mesma ruta que San Francisco percorreu en 1214 desde Asís a Compostela.

Durante a súa peregrinación, os autores amosáronse atentos á tradición cultural e á relixiosidade que impregna os lugares e os camiños a Santiago. Así, nas mostra pódense observar paisaxes culturais e espazos sacros ligados á orixe evanxélica da tradición cristiá sobre a que se asenta a mentalidade e a historia cultural dos pobos de Europa.

A exposición ofrece unha interpretación de gran beleza sobre o Camiño de Santiago, afondando no fenómeno da peregrinación. As claves principais deste feito histórico vivo –os seus valores universais, o seu legado cultural, a súa capacidade para potenciar aspectos como a comprensión, o intercambio, a solidariedade, a hospitalidade– están recollidas neste traballo destes dos artistas novos galegos que, asumindo o seu papel de peregrinos, souberon ver en camiños e santuarios a esencia dun fenómeno único.

Do do 3 ao 27 de setembro a mostra chegará ao Museu Nacional Soares dos Reis, na cidade de Porto.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →