Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

A exposición “Memoria de peregrinación” mostra en Sarria a importancia do Camiño de Santiago na vertebración de Europa

Por   /  06/09/2015 

    Imprimir       Email
Sello de correos del Camino de Invierno

Sello de correos del Camino de Invierno

Turismo de Galicia inaugurou onte en Sarria a exposición audiovisual ‘Memoria de Peregrinación’ que poderá visitarse na Antiga Prisión Comarcal ata o vindeiro 30 de setembro.

Unha exposición audiovisual que aglutina as fotografías de Manuel Valcárcel e a música de Alexandro González a través da súa peregrinación por unha das rutas xacobeas de dilatada historia e tradición.

Trátase dunha viaxe contemporánea realizada co propósito de somerxerse na intimidade duns lugares históricos que forman parte substancial da memoria cultural de toda a Humanidade.

Así, a mostra reflicte unha particular peregrinación a través de Hungría, Austria, a República Checa, Eslovenia, Italia, o norte de España e a Galicia xacobea na que os dous artistas galegos se mostran atentos á tradición cultural e á sensibilidade relixiosa que impregnan os lugares e os camiños así como a vida dos pobos e cidades próximas aos itinerarios de peregrinación.

Unha exposición que mostra a pluralidade e riqueza dunha Europa vertebrada polos itinerarios a Santiago de Compostela e a importancia do Camiño como Primeiro Itinerario Cultural Europeo.

A mostra peregrinou dende en 2010 e 2011 polas cidades europeas de Sofía, Bucarest, Zagreb, Santiago de Compostela-, continuando en 2012 su periplo por Francia, Australia e Nova Zelanda. Así mesmo, en 2013 viaxou a Alemaña, República Checa e Singapur e en varias cidades españolas como León, Burgos ou Palencia.

Agora, a exposición pode visitarse, ata o vindeiro 30 de setembro, na Antiga Prisión Comarcal de Sarria de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →