Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

A Fundación Deporte Galego convoca a segunda fase das axudas a deportistas galegos/as de alto nivel

Por   /  13/04/2015 

    Imprimir       Email

Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13A Fundación Deporte Galego vén de convocar hoxe, a través do Diario Oficial de Galicia, a segunda fase das axudas a deportistas galegos/as de alto nivel, baixo a denominación de Axudas Destino Río – Axudas DGAN.

Esta convocatoria enmárcase no habitual plan de axudas á preparación de deportistas galegos/as de alto nivel e, á súa vez, ten en conta que 2014 e 2015 son anos previos aos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Río 2016. Por esta singularidade e co fin de optimizar as axudas de xeito que sexan o máis operativas e beneficiosas para os/as deportistas destinatarios/as, este ano estableceuse unha convocatoria en dúas fases, das cales a primeira se resolveu no pasado decembro e a segunda é esta que hoxe se publica.

Segundo as bases dispoñibles na sede da Fundación Deporte Galego e na web www.deporte.xunta.es, dende hoxe ata o 28 de abril os/as deportistas poderán solicitar unha das dúas liñas establecidas: Axudas Destino Río 2016, destinadas aos que teñan opcións de clasificación para os vindeiros Xogos Olímpicos e Paralímpicos, e as Axudas DGAN, dirixidas ao resto de deportistas recoñecidos/as pola Secretaría Xeral para o Deporte como deportistas galegos/as de alto nivel. Os deportistas poderán recibir ata 3.000 euros de axuda.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →