Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

A Fundación Deporte Galego resolve o Plan de Patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia 2015 cun importe total 2.420.000 euros

Por   /  14/05/2015 

    Imprimir       Email

descargaA Fundación Deporte Galego vén de resolver o Plan de Patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia que neste 2015 e cunha dotación de 2.420.000 euros, beneficiará a 111 clubs deportivos da Comunidade.

Neste orzamento de 2.420.000 euros, Abanca, patrocinadora oficial do Plan logo do contrato subscrito coa Fundación o pasado mes de febreiro, fai unha achega de 726.000 euros, como parte do compromiso subscrito pola entidade financeira que destinará, no marco da presente colaboración, máis de 3,6 millóns de euros nos cinco anos de duración do contrato coa Fundación.

O Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición de Galicia é un programa posto en marcha pola Fundación Deporte Galego na tempada 2009/2010 que, neste exercicio 2015, está dotado con 2.420.000 euros e vai destinado a máis dun centenar de equipos, o que supón un 26% de incremento no orzamento do Plan respecto do ano pasado.

Desde o seu inicio en 2009, a Fundación patrocina aos principais equipos galegos con máis de dez millóns de euros, chegando neste exercicio a 15.000 deportistas y 22 especialidades deportivas: atletismo, bádminton, baloncesto, balonmán, béisbol, bolos, ciclismo, esgrima, fútbol, fútbol sala, halterofilia, hóckey herba, hóckey liña, hóckey patíns, baloncesto en cadeira de rodas, piragüismo en pista, kaiak polo, remo, rugby, tenis de mesa, triatlón e voleibol.

En definitiva, o Plan supón un moi destacado pulo para a presenza do Deporte galego no máis alto nivel competitivo, a nivel nacional e internacional, das distintas modalidades deportivas comprendidas nel, garantindo o crecemento deportivo de entidades e deportistas destas especialidades, á vez que se reforza a presenza da marca Deporte Galego nas competicións deportivas ás que acoden os equipos patrocinados. Coa incorporación neste ano de Abanca como patrocinadora oficial, o Plan logra potenciar a súa presenza e operatividade, potenciándose á base dos equipos patrocinados.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →