Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

A Fundación Galicia Europa concede 25 bolsas de formación en Bruxelas para especializarse en financiamento comunitario

Por   /  24/08/2015 

    Imprimir       Email

alberto nunez feijoo preside a reunion do consello da xuntaA Fundación Galicia Europa (FGE) levará a cabo un programa de especialización en materia de financiamento comunitario que se desenvolverá en Bruxelas o próximo mes de setembro.

A actividade, que contará con 25 participantes, está destinada ao persoal das entidades públicas e privadas galegas interesadas en participar en proxectos europeos, especialmente membros do padroado da Fundación, das entidades locais galegas e do terceiro sector.

O programa consiste nunha estadía en Bruxelas de cinco días -do 21 ao 25 de setembro-, durante os que os participantes recibirán formación especializada sobre o marco financeiro comunitario 14-20, os programas e iniciativas europeos e as vías de financiamento existentes. Ademais, visitarán distintas institucións europeas, como o Parlamento, o Comité das Rexións e a Comisión Europea, para coñecer de primeira man a súa importancia e funcionamento.

Con esta actuación a Fundación Galicia Europa pretende formar a responsables de asuntos comunitarios para o desenvolvemento de proxectos europeos, fomentar a creación de redes entre os responsables das entidades que desenvolvan proxectos europeos en Galicia e axudar as entidades participantes a sacar o máximo proveito das oportunidades que ofrece a Unión Europea.

É de destacar que se trata da primeira vez que se convoca un programa destas características e que ante o interese suscitado e o elevado número de solicitudes recibidas, a Fundación decidiu ampliar o número de prazas convocadas, de 20 a 25. A Fundación cofinanciará os custes derivados da participación no programa.

Dende a Xunta considérase fundamental que as empresas e administracións implicadas en proxectos europeos coñezan as diversas liñas de financiamento existentes, xestionadas habitualmente pola propia Comisión Europea e centradas en levar adiante proxectos innovadores e competitivos que axudarían a fomentar o crecemento e a creación de emprego en Galicia.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →