Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

A oferta turística galega na principal feira de Rusia

Por   /  25/03/2016 

    Imprimir       Email
  • MITT, a principal feira sectorial de Rusia, acolle a oferta turística galega
  • O certame Moscow International Exhibition Travel and Tourism reúne na capital rusa aos principais operadores turísticos do país
  • Esta edición é a quinta na que Galicia participa consolidando os contactos iniciados cos operadores turísticos rusos en anteriores edicións e abrindo novas canles con outros empresarios de turismo rusos e outros mercados satélites
  • Trátase dun mercado emerxente no que a Comunidade galega desenvolve distintas accións de promoción

MITT2A Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia promove a oferta turística galega xeral e o Camiño de Santiago na 23 edición do certame turístico Moscow International Exhibition Travel & Tourism (MITT), que se celebra estes días na capital de Rusia, Moscova.

Esta feira constitúe o evento sectorial de turismo máis importante dos que teñen lugar en Rusia e está aberta tanto aos profesionais como a público xeral.

Turismo de Galicia participa este ano cun módulo de promoción dentro do espazo destinado a España e que nesta ocasión está coordinado pola Oficina de Turismo de España na capital rusa.

Esta é a quinta vez que Galicia participa nesta feira, onde se están a consolidar os contactos iniciados cos operadores turísticos rusos en anteriores edicións e se abren novas canles con outros empresarios de turismo rusos e outros mercados satélites.

Aposta por este mercado emerxente
Ao longo destas últimas cinco edicións da feira MITT, Turismo de Galicia puido comprobar un interese crecente polo destino Galicia, tanto entre o público xeral que acude á feira como entre os operadores turísticos rusos que programan viaxes a España.

Ademais da asistencia a esta feira, o departamento de Turismo da Xunta ven desenvolvendo nos últimos anos distintas accións de promoción dos recursos e os servizos turísticos galegos para este mercado emisor.

Así, Turismo de Galicia organizou unha viaxe de prospección na que participaron 13 representantes dos principais operadores turísticos rusos adheridos á Asociación de Turoperadores Rusos (ATOR) que visitaron a Comunidade galega ao obxecto de coñecer a oferta turística de Galicia e manter xuntanzas de traballo cos empresarios turísticos galegos.

Por outra parte, Turismo de Galicia tamén estivo presente en misións de comercialización turística celebradas en Moscú e outras cidades rusas, ademais de manter presenza como destino turístico en distintos catálogos de viaxe dos operadores turísticos deste país.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →