Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

A web das eleccións ao Parlamento de Galicia

Por   /  08/08/2016 

    Imprimir       Email
  • A Xunta habilita unha web para ofrecer toda a información sobre as eleccións ao Parlamento de Galicia
  • Esta ferramenta facilitará o coñecemento rápido e sinxelo dos aspectos esenciais relacionados coas eleccións galegas do vindeiro 25 de setembro
  • Xa está accesible a solicitude do voto por correo para os residentes no exterior

 

xunta-de-galicia-300x135A Xunta pon a disposición de todos os galegos e galegas a páxina web http://www.xunta.gal/eleccions2016/, unha ferramenta que facilitará o coñecemento rápido e sinxelo dos aspectos esenciais relacionados coas eleccións ao Parlamento de Galicia do vindeiro 25 de setembro.

A través desta páxina poderán consultarse todos os documentos oficias que se utilizarán nos comicios galegos, que se irán incorporando paulatinamente de acordo cos tempos electorais. A web estruturase en tres apartados: “documentos relacionados”, “Normativa” e “Enlaces relacionados”.

No primeiro apartado poderá descargarse a solicitude do voto por correo para os residentes no exterior ou CERA, así como as instrucións económico-administrativas para os presidentes/as das xuntas electorais e para os/as delegados/as das xuntas electorais de zona (secretarios/as dos concellos).

O apartado dedicado á normativa ofrecerá ligazóns ao DOG na que se poderán consultar os decretos de disolución do Parlamento de Galicia e de convocatoria de eleccións; e o que establece as normas sobre os medios materiais que se utilizarán nas eleccións galegas. Ademais, tamén será de consulta directa o decreto polo que se fixan as gratificacións e indemnizacións que percibirán os membros da Administración electoral en Galicia e o persoal ao seu servizo, os xuíces de primeira instancia ou de paz, representantes da Administración da Comunidade Autónoma nas mesas electorais, así como o persoal da Xunta de Galicia, co gallo das eleccións ao Parlamento de Galicia 2016.

No terceiro e último apartado, “Enlaces relacionados”, estarán accesibles aos cidadáns os resultados das eleccións anteriores, dos anos 1981 a 2012.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →