Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

A Xunta aposta pola unión de esforzos para poñer en valor a calidade da horta galega e as súas posibilidades de futuro

Por   /  07/09/2015 

    Imprimir       Email

image_gallery (2)O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou a cooperativa agraria Horsal, onde destacou a necesidade de “unir esforzos” para conseguir que Galicia acade o lugar que lle corresponde dentro da produción hortícola de calidade.

Na súa visita, na que estivo acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, Rueda destacou que o sector primario é prioritario para a Xunta, consciente de que os produtos do agro son unha das fortalezas da economía galega. Precisamente por iso, o Executivo galego seguirá a traballar no impulso da súa comercialización, especialmente agora que se vislumbra a saída da crise e pode ser un dos piares da recuperación.

Neste sentido, fixo fincapé na importancia do cooperativismo á hora de afrontar retos e de que ese traballo conxunto tamén se leve a cabo entre a Administración e os produtores. “É importante que camiñemos xuntos para facer que o traballo da horta sexa fonte de creación de emprego, asentamento de poboación no medio rural e, polo tanto, sinónimo de futuro”.

Preto de 30 anos na horta
Horsal é unha cooperativa agraria de primeiro grao constituída no ano 1986. En 2009 foi recoñecida como Organización de Produtores de Froitas e Hortalizas (OPFH), sendo a primeira OPFH galega. O seu cliente principal é a distribuidora Mercadona.

Na actualidade está formada por 147 horticultores da Comarca do Salnés, dos cales o 65 por cento son mulleres. A súa actividade principal é a comercialización dos produtos hortícolas dos seus socios, principalmente leituga, repolo, pemento, feixón verde, tomate e cebola. A superficie que manexan está en torno as 33 hectáreas, das cales 12 son de invernadoiro e 21 ao aire libre.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →