Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

A Xunta asiste ao seminario final dun proxecto que persigue incentivar a corresponsabilidade e a conciliación en varios concellos de España e Noruega

Por   /  02/09/2015 

    Imprimir       Email

image_gallery (1)A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu onte á mañá ao seminario final do proxecto Equilibrio-Balance, “Conciliación e corresponsabilidade. Debuxando un modelo social”, que se celebrou na sede da Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, en Madrid.

O proxecto Equilibrio-Balance desenvolveuse entre os anos 2013 e 2015, liderado polo Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades e coa participación da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Asociación Noruega de Autoridades Locais e Rexionais (KS).

No proxecto participaron un total de quince municipios españois e tres noruegueses. Dos españois, tres eran galegos: Cambre, Verín e Vilagarcía. O obxectivo fundamental desta iniciativa era o deseño e implementación de plans de conciliación externos nos concellos participantes, contando desde o primeiro momento cos axentes sociais de cada localidade; ademais de apoiar accións que permitan conciliar os tempos dedicados á vida persoal, familiar e laboral e fomentar a corresponsabilidade.

O seminario final, ao que asiste López Abella, foi inaugurado esta mañá pola secretaria de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, Susana Camarero, o secretario xeral da FEMP, Ángel Fernández, e o embaixador de Noruega, Johan Cristopher Vibe. A continuación haberá tres mesas redondas centradas no “Cambio de actitudes”, as “Políticas públicas e servizos relacionados coa conciliación e a corresponsabilidade” e a “Sensibilización”. Na primeira delas participará como poñente un representante do Concello de Cambre.

O seminario continuará con outra xornada mañá, na que haberá outras tres mesas redondas, neste caso sobre “Emprego e vida laboral”, “Racionalización de horarios en España” e “O modelo social da UE e do EEE, con especial referencia a España e Noruega”, así como unha sesión final dedicada ás conclusións e os retos futuros. Dous representantes dos concellos de Verín e Vilagarcía participarán na primeira destas mesas redondas.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →