Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

A Xunta de Galicia celebra o Día Europeo dos Parques Naturais con diversas actividades nos parques galegos

Por   /  18/05/2015 

    Imprimir       Email

210514 dia europeu parcs

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, organiza diversas accións divulgativas e actividades para celebrar o Día Europeo dos Parques, que se conmemora o vindeiro venres 24 de maio. Os escenarios destas actividades serán os parques naturais de Galicia, cuxas actividade se prolongarán ata finais de mes.

No caso das illas Cíes, Sálvora e Cortegada, pertencentes ao arquipélago do Parque Nacional das Illas Atlánticas e o Centro de Visitantes do Parque Nacional, na cidade de Vigo, as actuacións irán desde actividades de debuxo infantil ata cursos de formación de voluntariado para o seguimento de bolboretas no Parque nacional, sen esquecer a proxección de pezas audiovisuais como A rede de parques nacionais, dentro do Ciclo Cine en Verde ou un encontro cos gardas do parque, actividade dirixida para o público xeral.

Dende a Dirección Xeral de Conservación da Natureza destacan a celebración os días 20 e 21 a entrega dos premios aos colexios gañadores do concurso Mergúllate nas illas, programa educativo na zona de influencia socioeconómica. Os participantes teñen entre 10 e 11 anos, que irán acompañados dos guías dos parques, xunto cos seus profesores, realizarán marchas para coñecer os valores deste enclave natural e a importancia da proteccións destes espazos protexidos. Na seguinte lista detállanse as actividades, así como as datas de celebración:

Actividade
Data
Lugar
Panel divulgativo sobre a Rede de Parques NaturaisActividade de debuxo infantil “Que hai nas Illas”
24 ao 31 de maio
Edificio Cambón
Visita ao arquipélago de Sálvora
18 de maio
Sálvora
Curso Formación de voluntariado para o seguimento de bolboretas no parque nacional das Illas Atlánticas
18 e 19 de maio
Edificio Cambón
Visita dos gañadores do concurso Rumbo ás Illas
20, 21 e 22 de maio
IIlas Cíes
Proxección “A rede de parques nacionais”. Ciclo Cine Verde
22 de maio
Edificio Cambón
Actividade Encontro co guarda
24 de maio
Illas Cíes
Actividade didáctica con alumnos da ESO
26 de maio
Edificio Cambón
Visitas ás illas dun grupo de educación primaria
28 de maio
Illas Cíes
Visitas á Illa de Cortegda
Do 18 ao 31 de maio
Cortegada
Actividade limpeza dos fondos mariños na Illa de Sálvora
A partir do 20 de maio
Sálvora

Os interesados en participar nestas actividades deben facer a inscrición previa a través da páxina web:www.parquenacionalillasatlanticas.com e https://es-es.facebook.com/ParqueNacionalIslasAtlanticasDeGalicia. Nestes portais tamén poden acceder a máis información.

As actividades que se celebrarán noutros parques centraranse en xornadas de portas abertas, para coñecer o funcionamento dos mesmos, así como diversas xornadas formativas con centros escolares dos concellos nos que se ubican os parques. Na seguinte táboa, poden consultar a programación de actos elaborada para conmemorar dita data.

Parque Natural
Actividade
Data
Monte Aloia
Xornadas de portas abertas
Do 22 ao 25 de maio
Cidade de Ourense
Semana de divulgación dos parques naturais en centros escolares da cidade de Ourense
Do 18 ao 22 de maio
Baixa Limia-Serra do Xurés
Charlas-obradoiro de especies protexidas nos centros escolares de concellos do parque
Do 18 ao 22 de maio
Baixa Limia-Serra do Xurés
Charla aos visitantes do parque sobre os espazos protexidos as 10:30 h na sede do parque en Lobios
23 de maio
Baixa Limia-Serra do Xurés
Observación dos valores do parque no Val do Salas ás 11:30h
23 de maio
O Invernadeiro
Actividades de educación ambiental, roteiros guiados a grupos escolaresIES A Xunqueira (Pontevedra) e CEIP Cruceiro (Sanxenxo)
Do 18 ao 24 de maio
O Invernadeiro
Roteiro guiado aos visitantes do parque
24 de maio
Serra da Enciña da Lastra
Charlas divulgativas dos parques naturais en centros escolares da comarca de Valdeorras
Do 18 ao 22 de maio
Serra da Enciña da Lastra
Xornadas de portas abertas no Centro de visitantes de Biobra
Do 24 e 30 de maio
Serra da Enciña da Lastra
Recepción do CEIP de Vilamartín de Valdeorras no Centro de Interpretación-Centro de Visitantes de Biobra
20 de maio
Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán Xornadas de celebración do día Europeo dos parques: 19 de maio IES O Grove (Pontevedra), Compañía de María Cangas (Pontevedra), 21 maio CEIP Santiago Apóstol Narón ( A Coruña), CEIP Arzúa ( A Coruña)
Do 19 ao 22 de maio
Fragas do Eume
Xornadas de celebración do día Europeo dos parques cos CEIPS de Culleredo, Bergondo, Cedeira e Santiago de Compostela.
Do 19 ao 22 de maio

Parques en Galicia
En Galicia existen seis parques naturais, entre os que destaca o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, que beneficia aos concellos de Vigo, Ribeira, Bueu, e Vilagarcía de Arousa e conta cunha superficie de 8.332,80 hectáreas (1.194,80 ha terrestres e 7.138 ha mariñas).

En todas as illas existen zonas de reserva para a cría de aves mariñas que o visitante ten respectar. Os sistemas naturais representativos do Parque son as zonas costeiras e a plataforma continental atlántica e a vida vexetal está condicionada polos ventos cargados de salitre. A flora máis representativa está en acantilados e dunas, abundan as toxeiras e as rarezas do Parque son a camariña, a xesta de Ons e as flores chamadas paxariños da Linaria arenaria (pequena planta anual propia das dunas estabilizadas).

Gran parte dos animais terrestres tamén dependen do mar, numerosas colonias de aves, sobre todo, e gaivota de pata amarela e corvo mariño moñudo. No mar, existe a posibilidade de avistamento de cetáceos como o rorcual común que no verán frecuentan estas augas. Ademais, no medio mariño son importantes as comunidades de algas pardas.

Así mesmo, existen outros parques como:

Monte Aloia. Declarado en 1978, está no Concello de Tui e conta cunha superficie de 746,29 ha. Foi o primeiro parque natural declarado en Galicia.

Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Declarado no 1992, cunha superficie de 996,25 ha no municipio de Ribeira. Destaca pola súa gran duna móbil, a duna de Olveira, polas súas lagoas, a de Carregal de auga salgada e a de Vixán, de auga doce, e tamén pola súa praia, franxa costeira con catro denominacións: Ladeira-Ferreira (1.350 metros); A lagoa (2.900 m); O Vilar (220 m) e Anquieiro (750 m).

Baixa Limia-Serra do Xurés. Declarado no 1993. Concellos de Entrimo, Lobios, Muíños, Bande, Calvos de Randín e Lobeira, cunha superficie 29.345 ha. Este parque é compartido con Portugal, onde ostenta a figura de parque nacional.
O Invernadoiro. Declarado no 1997. Concello de Vilariño de Conso. Superficie 5.722 ha. É o único parque de Galicia que nunca foi habitado.

Fragas do Eume. Declarado no 1997. O conxunto de fragas que constitúen o bosque atlántico costeiro mellor representado de Europa. Beneficia aos concellos de Cabanas, A Capela, As Pontes, Monfero e Pontedeume, ocupa unha superficie de 9.125 ha.

Serra da Enciña da Lastra. Declarado no 2002. Concello de Rubiá. 3.152 ha. Paisaxe única onde a acción dos ríos nas rochas calcáreas moldean cañóns entre altos picos. Zona para sendeiristas, vestixios prerrománicos, calzadas romanas, e sobre todo numerosas enciñas.

A esta rede de parques tamén se unen unha serie de centros e aulas da natureza dende as que realiza as campañas divulgativas dos espazos que as aloxan e da actividade de conservación de especies que desenvolve. Trátase de actividades de educación ambiental sobre as que ten atribuída a competencia.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →