Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

A Xunta de Galicia convoca os Premios da Cultura Galega 2015

Por   /  15/05/2015 

    Imprimir       Email

Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no ‘Diario Oficial de Galicia’ a orde de convocatoria dos Premios da Cultura Galega 2015, uns galardóns que teñen como obxectivo recoñecer e poñer en valor a traxectoria dos persoeiros ou entidades máis salientables nos diferentes ámbitos das manifestacións culturais do país.

A convocatoria contempla un total de 8 categorías, para o Premio Cultura Galega de Letras, de Artes Plásticas, de Artes Escénicas, de Música, de Audiovisual, de Lingua, de Patrimonio Cultural, e de Proxección Exterior. En cada unha das modalidades concederase un único galardón, que consistirá nunha escultura ou obxecto conmemorativo realizado por un artista galego de recoñecido prestixio e nun diploma acreditativo.

As candidaturas poderán ser presentadas por institucións e entidades culturais ou profesionais, públicas ou privadas, relacionadas co obxecto de cada modalidade dos premios. O prazo para presentalas será de dous meses a partir de mañá.

Un agradecemento colectivo
A finalidade deste tipo de presentación de candidaturas é que os recoñecementos sexan concibidos como un acto de agradecemento colectivo ao labor creativo e ao esforzo polo desenvolvemento cultural de Galicia que realizan artistas, profesionais, entidades e agrupacións sociais, dentro e fóra das nosas fronteiras.

Para a concesión destes premios constituirase un xurado presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, que contará con representantes das principais institucións de Galicia e profesionais do sector.

Con esta nova convocatoria, a Xunta de Galicia quere recoñecer a excelencia nos diversos ámbitos da cultura, desde as letras ás artes plásticas, a música, a lingua, o patrimonio, ás artes escénicas, o audiovisual e a súa expansión no mundo, o que constitúe unha mostra do mellor da vitalidade cultural de Galicia na actualidade.

Os requisitos das diferentes modalidades poden consultarse no DOG de hoxe, non enlacehttp://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150515/AnuncioG0164-070515-0001_gl.html .

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →