Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

A Xunta de Galicia e Ecoembes poñen en marcha a campaña “Incribles” para fomentar a reciclaxe como vía para coidar o medio ambiente

Por   /  02/09/2015 

    Imprimir       Email

alberto nunez feijoo preside a reunion do consello da xuntaA Xunta de Galicia e Ecoembes, a organización que coida do medio e promove a sostibilidade a través da reciclaxe de envases, lanzou hoxe a campaña Incribles. O obxectivo é concienciar á cidadanía sobre a importancia do coidado do medio e demostrar que reciclar é un acto moi sinxelo que implica simplemente a incorporación de pequenos xestos ás rutinas diarias. Con esta iniciativa búscase animar a sociedade a separar e depositar os residuos nos seus respectivos colectores.

A campaña está presente desde hoxe a través de mensaxes de sensibilización nos principais medios de comunicación de Galicia, incluíndo ademais de televisión e radio, a prensa escrita, medios online e redes sociais baixo o hashtag #galiciarecicla ata o próximo 30 de setembro.

Ademais, e como apoio á iniciativa, ambas as dúas entidades puxeron en marcha a web www.galiciarecicla.eu, na que os cidadáns poderán obter información, resolver dúbidas, coñecer de primeira man a cadea de reciclaxe e os beneficios xerados por esta actividade, ademais de visualizar o anuncio.

Con esta campaña, ademais, preténdese demostrar a alta capacidade dos galegos para coidar do medio e amosar que cun simple xesto, como é o caso da reciclaxe, tamén se poden facer cousas incribles, como coidar o futuro no presente..

A reciclaxe de envases en Galicia
Ao fío da posta en marcha desta campaña a Xunta e Ecoembes lembran que compromiso dos galegos co medio é cada vez maior, tal e como o reflicten os últimos datos. Só en 2014, recicláronse 58.782 toneladas de envases domésticos, un 7,7% máis que no exercicio anterior.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →