Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

A Xunta de Galicia ten en marcha o Plan de calor 2015 para reducir o impacto sobre a saúde provocado por situacións de vaga de calor

Por   /  09/06/2015 

    Imprimir       Email

Playa Galicia

 

A Xunta de Galicia ten en marcha, dende o 1 de xuño, o Plan de Calor 2015, co obxectivo principal de reducir o impacto sobre a saúde da poboación galega polo mantemento das condicións de vaga de calor durante máis dunha xornada.

Este documento establece un sistema de previsión, alerta e comunicación dos riscos; define unha sistemática de intervención para cada nivel de alerta establecido; e reforza a coordinación institucional entre as unidades competentes nesta materia.

Considérase vaga de calor cando o índice de sensación térmica é superior a 24ºC e superior ao percentil 95 dos datos históricos desa zona, e, ademais, temperaturas mínimas superiores a 20ºC. Así mesmo, estas circunstancias deberán ter continuidade durante dúas ou máis xornadas.

Neste senso, as unidades competentes que participan nesta materia e que tamén o fan no Comité do Plan de Calor son, ademais da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, os departamentos de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; e Traballo e Benestar.

A situación metereolóxica nas xornadas de hoxe luns e mañá martes serán semellantes á que vivimos o domingo, con altas presións e aire cálido en superficie procedente do norte de África. Isto deixará dúas xornadas de temperatura elevada, con valores máximos que superarán os 30ºC en moitos lugares da Comunidade, aínda que xa o martes cunha lixeira tendencia á baixa. Estas altas temperaturas novamente provocarán a aparición de nubes de evolución e tormentas no interior. Afortunadamente, entre o mércores e o xoves a entrada de aire algo máis frío procedente do Golfo de Biscaia provocará unha significativa caída nos termómetros e unha volta á normalidade.

Sistemas de comunicación

Os sistemas de comunicación da información establecidos no Plan céntranse na poboación xeral, con especial énfase nos cidadáns máis sensibles ás altas temperaturas, e os seus familiares, e está baseado nos medios de comunicación, ademais doutras canles, como pode ser Internet.

Ademais, establece os sistemas de comunicación da información para os profesionais do sector social e voluntariado dedicados ao coidado das persoas maiores; así como aos traballadores e dispositivos sanitarios.

Este Plan de actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde coordínase co Plan Nacional de Actuacións Preventivas dos Efectos do Exceso de Temperaturas sobre a Saúde, do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Non obstante, o sistema de información ambiental para a predición e seguimento das vagas en Galicia baséase na información facilitada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de MeteoGalicia, que achega datos máis polo miúdo e ten en conta outras variables, ademais da temperatura.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →