Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

A Xunta difunde e impulsa as boas prácticas en materia de responsabilidade social empresarial no sector turístico

Por   /  09/09/2015 

    Imprimir       Email

image_gallery (4)Co obxectivo de contribuír a difundir e impulsar as boas prácticas en materia de Responsabilidade Social Empresarial (RSE), Turismo de Galicia e a Consellería de Traballo e Benestar, en colaboración co Clúster Turismo de Galicia, celebraron onte no Centro de Novas Tecnoloxías, en Santiago de Compostela, a xornada “O turismo. Claves para a súa sostenibilidade”.

O evento serviu como lugar de encontro para coñecer as prácticas en materia de responsabilidade social empresarial que se levan a cabo no sector turístico, tanto en Galicia coma nas outras rexións pertencentes á Rede Transrexional de Impulso da RSE (REDE): Navarra, Estremadura, Tenerife e Vale do Minho.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a directora xeral de Traballo, Carmen Bouso, foron as encargadas de inaugurar o foro, que comezou coa conferencia “As claves da sustentabilidade nunha peme do sector turismo”, a cargo de Elena del Pilar Ramallo Miñán.

A continuación, Francisco González, presidente do Clúster Turismo de Galicia, presentou as iniciativas de RSE levadas a cabo na Comunidade galega no sector.

Ademais, a xornada incluíu un foro de boas prácticas onde se achegaron as experiencias empresariais de RSE das outras rexións socias da REDE.

Así mesmo, o acto incluíu a presentación da guía de RSE do sector turismo, a sexta guía sectorial publicada pola Xunta de Galicia, que ten por obxectivo facilitar o camiño ás pemes á hora de iniciar ou continuar o seu camiño na RSE, a través dos recursos e ferramentas necesarias.

Durante a inauguración, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou que, na actualidade, todas as políticas turísticas que se levan a cabo dende a Xunta de Galicia están asociadas á sustentabilidade en todas as súas vertentes. “Tanto a planificación do destino galego como a creación de produtos, a súa xestión e a promoción dos mesmos se basean neste modelo sostible que se combina con outros elementos esenciais como son a calidade ou a innovación”, afirmou.

Neste senso, Nava Castro sinalou que un dos retos de Turismo de Galicia recollido no seu Plan Integral é converter a nosa comunidade nun modelo europeo de turismo sostible. Nesta liña, a responsable de Turismo de Xunta resaltou diversas actuacións que se están levando a cabo para o desenvolvemento do turismo sostible, como a creación de diferentes produtos acordes co equilibrio entre a protección e o desenvolvemento social, económico e medioambiental; a creación do proxecto Galicia turismo accesible; a implantación da Carta Europea de Turismo Sostible nos espazos naturais protexidos de Galicia ou o desenvolvemento de produtos especializados para segmentos de público sensibilizados co medio ambiente, entre outras.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →