Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

A Xunta licita a contratación da obra relativa ao proxecto de construción de acondicionamento do Camiño de Santiago Primitivo

Por   /  06/09/2015 

    Imprimir       Email

Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13A delegada territorial da Xunta na provincia de Lugo, Raquel Arias, celebrou o impulso que o Goberno galego está dando ao Camiño Primitivo e valorou moi positivamente a licitación para a contratación das obras de acondicionamento do mesmo. “Este investimento da Xunta é de gran relevancia para a variante interior do Camiño do Norte xa que esta ruta xacobea non deixa de aumentar en afluencia de peregrinos e esperta cada día un maior interese”, sinalou Raquel Arias esta mañá.

“A Xunta quere aproveitar ao máximo o potencial turístico da provincia de Lugo. O Camiño é, sen dúbida ningunha, un dos nosos reclamos fundamentais, aínda máis despois de ser declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO”, apuntou a delegada territorial.

O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a licitación para a contratación, non suxeita a regulación harmonizada, da obra relativa ao proxecto de construción de acondicionamento do Camiño de Santiago do Norte. Ruta do Interior. Camiño Primitivo ou de Oviedo, tramitado polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

A Axencia Turismo de Galicia tramita o expediente a través da súa Xerencia de maneira ordinaria. O orzamento base da licitación ten un importe total de 572.102,65 euros e o prazo de execución da obra será de catro meses. A obra está cofinanciada nun 80% polo programa operativo Feder Galicia 2014/2020.

A data límite de presentación de ofertas corresponde ao vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De ser domingo ou festivo, o día de finalización do prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

As proposicións presentaranse no Rexistro da Axencia Turismo de Galicia, en Santiago de Compostela, ou ben por correo aténdose ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Os criterios de adxudicación terán en conta a oferta máis vantaxosa seguindo os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Máis información na web www.contratosdegalicia.es e nos teléfonos 981 54 74 99 (información de índole administrativa) e 881 99 60 68 (información de índole técnica).

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →