Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Galicia  >  Artículo Actual

A Xunta loita para minimizar o risco de exclusión na mocidade e ofrecer á xente nova máis e mellores oportunidades de futuro

Por   /  09/09/2015 

    Imprimir       Email

image_gallery (5)O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou onte na inauguración do I Encontro Internacional Mozos e Inclusión “Xuventude en risco, un risco para Europa”, no que destacou que o futuro de Galicia pasa por minimizar as situacións de risco de exclusión da xuventude e ofrecerlles máis e mellores oportunidades.

Con ese horizonte, o Goberno galego leva xa varios anos traballando en tres liñas de actuación básicas para conseguir que a poboación máis nova sexa capaz de remontar as dificultades que lles trouxo a crise económica e poidan converterse nos axentes de cambio e progreso que deben ser.

En primeiro lugar, a través dunha batería de medidas de apoio ás familias que máis o necesitan, comprendidas no marco da Estratexia de Inclusión Social -cun orzamento superior aos 521 millóns de euros- e o Plan de Loita contra a Desigualdade Social, posto en marcha nos últimos meses.

Dentro desta liña, Rueda destacou o Programa ‘Mentor’, un modesto programa no que a Xunta colabora con Igaxe3 -un dos organizadores da xornada- e que foi recoñecido pola UE como exemplo de boas prácticas. ‘Mentor’ está dirixido a mozos maiores de 16 anos con algunha medida de protección ou que están cumprindo unha medida xudicial por infracción penal e ten por obxectivo capacitalos para a súa integración social e construírlles un futuro.

Doutra banda, o Executivo galego tamén está a actuar para garantir a educación e a formación para que reducir as posibilidades de que os máis novos se encontren en situación de desemprego e, polo tanto, con maior risco de pobreza e exclusión. Para iso, aumentouse un 25 por cento o orzamento dos programas dedicados á educación non formal, que contarán este ano con 2,5 millóns de euros e uns 4.000 beneficiarios.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →